Racionalismo, Empirismo e a Crítica de Kant
Esta corrente de pensamento sostiña unha confianza limitada no poder da razón para fundamentar o coñecemento en verdades eternas. Asumida a crítica cartesiana da verdade revelada, os racionalistas procuran un fundamento necesario da verdade. Leibniz pode afirmar que «este é o mellor dos mundos posibles».
As ideas innatas e a táboa rasa
Por outra banda, o racionalismo sostén a existencia das ideas innatas. As ideas innatas son unha serie de ideas que calquera ser humano posúe de seu ao nacer e que aseguran a certeza do coñecemento racional. Os empiristas, da man de Hume, polemizarán cos racionalistas. É a célebre táboa rasa de Locke. Deste xeito, os empiristas conceden toda a importancia á experiencia como elemento fundamental do coñecemento, en detrimento da razón.
Kant entre o racionalismo e o empirismo
Kant encontra os elementos precisos para someter á crítica a metafísica racionalista da que, nun primeiro momento, era partidario. Era claro a partir deste momento que os racionalistas limitáranse a substituír o dogma da verdade revelada polo dogma do poder ilimitado da razón. Kant decide ir máis alá e reflexionar sobre a estrutura mesma da razón para evitar ese novo dogmatismo. Kant non se converte nun empirista. Para el, é lexítima a soberanía da razón na estrutura do coñecemento. Para o pensador alemán, o valor da crítica empirista consiste en establecer límites ao poder da razón e sinalar o importante papel da experiencia no coñecemento racional. Kant sitúase, así, entre racionalismo e empirismo. O coñecemento da filosofía experimental newtoniana tamén é crucial neste sentido. Para Kant, a física-matemática de Newton é o modelo de ciencia ben fundada.
Decidido a someter á crítica a metafísica tradicional, máis alá do dogmatismo racionalista, Kant vai empregar o modelo da física newtoniana como espello no que a metafísica debe mirarse a si propia e avaliar a súa pretensión científica.
A metafísica en crise e a crítica da razón pura
Na época de Kant, a metafísica, a antiga ciencia do ser e das primeiras causas, atópase perdida en interminables debates sobre si mesma que non conducen a ningún coñecemento seguro sobre a realidade. Para Kant, a metafísica perdera o norte e nunca atopara o camiño seguro da ciencia. Só sabendo o que podemos coñecer poderemos establecer se as ideas metafísicas como Deus, alma ou mundo poden ser obxecto dun coñecemento racional. Aquí é onde se inicia o primeiro paso do proxecto kantiano: a crítica da razón pura.