Evolución: Neodarwinismo, Xenética das Poboacións e Probas Evolutivas
Evolución e Xenética das Poboacións
Paleontoloxía: o rexistro fósil mostra os cambios graduais.
Biogeografía: a poboación é a unidade evolutiva.
Alternativas ao Neodarwinismo
- Puntualismo: propón que a evolución ocorre a saltos.
- Neutralismo: propón que a maioría das mutacións son neutras e que o motor da evolución é a deriva xenética.
As 3 fontes que permiten aumentar a variabilidade xenética
- Mutacións
- Recombinación xenética
- Reprodución sexual (intercambio de xenes durante a reprodución sexual)
Xenética das Poboacións
Poboación: conxunto de individuos dunha especie que ocupan unha área determinada e son susceptibles de reproducirse.
Frecuencia genotípica: proporción de individuos de cada genotipo. A suma das frecuencias é igual a 1.
Frecuencia xénica: proporción dun determinado alelo.
Evolución
Evolución: cambio das frecuencias xénicas dunha poboación. Factores que poden alterar as condicións dunha poboación ideal:
- Mutación
- Migración
- Apareamento selectivo e deriva xenética (cambios bruscos na poboación de maneira rápida e aleatoria, que alteran a variabilidade xenética da poboación)
- Selección natural: favorece as variacións máis eficaces e elimina o resto, o que varía a frecuencia xenética. As consecuencias da selección na poboación poden ser estabilizadora, diversificadora e direccional.
Lei de Hardy-Weinberg
Nunha poboación ideal, as frecuencias xénicas e xenotípicas mantéñense constantes de xeración en xeración, mantendo un equilibrio xenético sempre que a poboación sexa suficientemente grande e non intervéñan axentes da evolución. Se algunha das condicións da poboación ideal cambia, a constitución xenética tamén cambia, as frecuencias varían e orixínanse poboacións con características novas: evolución.
Probas Evolutivas
Anatómicas
- Órganos homólogos: teñen a mesma estrutura interna ou parecida, poden estar adaptados a funcións distintas. Comparten un antepasado común, pero por evolución divergente, os organismos adaptáronse ao medio no que vivían.
- Órganos análogos: teñen unha estrutura distinta, aínda que presentan forma e función similares. Neste caso dáse a evolución converxente, e os seres vivos repiten deseños que tiveron éxito.
- Órganos vestixiais: están presentes nos seres vivos pero non se usan, como o apéndice no caso humano.
Outras probas
Probas embrionarias, probas paleontolóxicas, probas biogeográficas e probas bioquímicas da evolución.