Narrativa e Teatro Galego nos Anos 80 e 90
Narrativa
A principios dos anos 80 distinguíanse dúas ramas fundamentais: a narrativa de quiosco, na que se exploraba a novela policial, a novela negra, a novela de ficción científica e a novela erótica; e a novela máis tradicional e autóctona, que seguiu o camiño do realismo socioloxico, a novela artúrica, a novela histórica, a narrativa urbana e experimental, a narrativa bravú e a narrativa feminista.
Podemos clasificar os autores nos seguintes grupos: mestres, promoción dos 80, promoción dos 90, século XXI e narrativa infantil e xuvenil.
Mestres
Nos mestres atopamos a Méndez Ferrín, que deu gran importancia ao tema artúrico; Carlos Casares e Álvaro Cunqueiro, quen publica «retratos» en Xente de aquí e de acolá.
Promoción dos 80
Na promoción dos 80 sobresaen Xavier Alcalá e Víctor Freixanes, autor de O triángulo escrito na circunferencia.
Promoción dos 90
Na promoción dos 90 destacan Manuel Rivas, autor de ¿Que me queres, amor? e O lapis do carpinteiro; Suso de Xoán Cabana, quen escribiu novela histórica e artúrica e traduciu obras do italiano; e María Xosé Queizán, máxima expositora do feminismo.
Literatura infantil e xuvenil
A literatura infantil xurdiu para suprir a necesidade da mesma no ensino. Destacan Agustín Fernández Paz, autor de Cartas de inverno; Marilar Aleixandre, con A cabeza de Medusa; e Fina Casalderrey, con O misterio dos fillos da Lúa.
En resumo, nestes anos apareceron moitos autores de narrativa na nosa lingua, producindo unha obra de cantidade e calidade.
Teatro
Cabe destacar o número de aparición de coleccións e a proliferación de compañías teatrais, que fomentaron a profesionalización do teatro, como Ollomoltranvía e Sarabela, e apareceron premios como o Álvaro Cunqueiro. Fundouse o Centro Dramático Galego en 1984, a través do cal se difundiu o teatro galego.
Deronse tres liñas temáticas principais: de compromiso social e político, culturista e neorrealista.
Pódense distinguir tres grupos de autores: promoción dos 80, promoción dos 90 e o teatro actual.
Promoción dos 80
A promoción dos 80 supuxo o inicio e o abandono da temática crítica social e centrouse no metateatro e no culturalismo, realizando o uso do humor ao servizo da ironía ou da parodia. Cabe destacar: Xesús Pisón, liña esperpéntica; Miguel Anxo Fernán-Vello, autor de A tertulia das máscaras; e Luisa Villalta.
Promoción dos 90
A promoción dos 90 supuxo a continuación e consolidación dos autores da promoción anterior, así como o predominio da comedia e da intertextualidade. Destacan: Lino Braxe, autor de A promesa; Cándido Pazó, autor de Nau de amores; e Miguel Anxo Murado. Cabe destacar que nesta época desenvolveuse un teatro destinado ao público infantil e un teatro de títeres.
Teatro actual
O teatro actual representa unha continuación temática das anteriores xeracións, así como a recuperación de obras como O velorio, O lapis do carpinteiro e A esmorga. Destacan: Paula Carballeira e Rubén Ruibal.
En definitiva, tras a transición produciuse un importante desenvolvemento do teatro que aínda continúa nos nosos días.