Física Óptica: Lentes, Espellos e Refracción en Exames de Selectividade
Exames de Física: Óptica Xeométrica
Xuño 2012
Un obxecto de 3 cm sitúase a 20 cm dunha lente cuxa distancia focal é 10 cm:
- a) Debuxa a marcha dos raios se a lente é converxente.
- b) Debuxa a marcha dos raios se a lente é diverxente.
- c) En ambos os dous casos calcula a posición e o tamaño da imaxe.
Se un espello forma unha imaxe real, invertida e de maior tamaño que o obxecto, trátase dun espello:
- A) Cóncavo e o obxecto está situado entre o foco e o centro da curvatura.
- B) Cóncavo e o obxecto está situado entre o foco e o espello.
- C) Convexo co obxecto en calquera posición.
Setembro 2012
Unha lente converxente proxecta sobre unha pantalla a imaxe dun obxecto. O aumento é de 10 e a distancia do obxecto á pantalla é de 2,7 m.
- a) Determina as posicións da imaxe e do obxecto.
- b) Debuxa a marcha dos raios.
- c) Calcula a potencia da lente.
Dous satélites idénticos, A e B, describen órbitas circulares de diferente radio en torno á Terra (RA < RB). Por iso:
- A) B ten maior enerxía cinética.
- B) B ten maior enerxía potencial.
- C) Os dous teñen a mesma enerxía mecánica.
Xuño 2013
Un raio de luz pasa da auga (índice de refracción n = 4/3) ao aire (n = 1). Calcula:
- a) O ángulo de incidencia se os raios reflectido e refractado son perpendiculares entre si.
- b) O ángulo límite.
- c) Hai ángulo límite se a luz incide do aire á auga?
Se se desexa obter unha imaxe virtual, dereita e menor que o obxecto, úsase:
- A) Un espello convexo.
- B) Unha lente converxente.
- C) Un espello cóncavo.
Setembro 2013
Un espello cóncavo ten 80 cm de radio de curvatura. A distancia do obxecto ao espello para que a súa imaxe sexa dereita e 4 veces maior é:
- A) 50 cm.
- B) 30 cm.
- C) 60 cm.
Xuño 2014
Un espello cóncavo ten 50 cm de radio. Un obxecto de 5 cm colócase a 20 cm do espello:
- a) Debuxa a marcha dos raios.
- b) Calcula a posición, tamaño e natureza da imaxe.
- c) Debuxa unha situación na que non se forma imaxe do obxecto.
Setembro 2014
Un raio de luz de frecuencia 5·1014 Hz incide, cun ángulo de incidencia de 30°, sobre unha lámina de vidro de caras plano-paralelas de espesor 10 cm. Sabendo que o índice de refracción do vidro é 1,50 e o do aire 1,00:
- a) Enuncia as leis da refracción e debuxa a marcha dos raios no aire e no interior da lámina de vidro.
- b) Calcula a lonxitude de onda da luz no aire e no vidro, e a lonxitude percorrida polo raio no interior da lámina.
- c) Halla o ángulo que forma o raio de luz coa normal cando emerxe de novo ao aire.
DATO: c = 3,00·108 m/s.
Xuño 2015
Un raio de luz láser propágase nun medio acuoso (índice de refracción n = 1,33) e incide na superficie de separación co aire (n = 1). O ángulo límite é:
- A) 36,9°.
- B) 41,2°.
- C) 48,8°.
Setembro 2015
Describe, brevemente, a práctica de óptica xeométrica que realizaches no laboratorio, axudándote polo menos dunha marcha de raios.
Xuño 2016
Queremos ver unha imaxe da nosa cara para afeitarnos ou maquillarnos. A imaxe debe ser virtual, dereita e ampliada 1,5 veces. Se colocamos a cara a 25 cm do espello, que tipo de espello debemos empregar?
- A) Convexo.
- B) Cóncavo.
- C) Plano.
Setembro 2016
Unha lente divergente de distancia focal 10 cm forma unha imaxe de 2 cm de altura. Se o tamaño do obxecto é 10 cm:
- a) Calcula a distancia á que se atopa o obxecto da lente.
- b) Debuxa a marcha dos raios.
- c) A miopía é un defecto visual. Explica como se pode corrixir.