Figuras Retóricas en Galego: Guía de Recursos Literarios
Figuras Retóricas en Galego
A continuación presentamos as principais figuras retóricas en lingua galega, cos seus significados e exemplos.
Recursos de sonido e ritmo
- 1. Aliteración: consiste en repetir un son nun grupo de palabras para provocar un efecto no lector: A bomba, bong! A bomba, bom amigo!
- 9. Onomatopeia: consiste en imitar sons e ruídos reais.
- 10. Polisíndeton: consiste en repetir conxuncións, co que se consegue enlentecer o ritmo do enunciado: denodo e fotres, foran os nosos avós, e valudos e intrépidos
- 17. Paranomasia: colocar palabras con significantes parecidos pero con significados distintos preto unhas das outras.
- 18. Calembur: sílabas dunha palabra que se reagrupan de distinta forma para obter un sentido diferente: Arrula a rula seu esperma teso
Recursos de contraste e comparación
- 2. Antítese: contrapóñense dúas realidades para que se realcen máis: eres a noite e o día
- 3. Asíndeton: suprímese a conxunción para que o enunciado sexa máis rápido: Galicia é o que vemos: a terra, a noite, o vento.
- 4. Polisíndeton: é o contrario do asíndeton.
- 13. Símil: comparación entre seres, obxectos ou cualidades, por semellanza ou por diferenza.
- 14. Metáfora: semellanza entre elementos, con verbo ser ou coa conxunción como, ou cando leva un modificador preposicional.
- 8. Metáfora: nomea a un ser ou obxecto con outro nome co que o identifica o autor.
Recursos de significado e imaxe
- 5. Epíteto: adxectivos que achegan unha información innecesaria, que se sobrentende.
- 6. Hipérbaton: alterase a orde das palabras: que o que é polo de hoxe que darvos non teño
- 7. Ironía: depende do contexto e do ton; quere expresar o contrario do que di: os mortos gozan de boa saúde
- 11. Prosopopea: consiste en dar a seres inanimados cualidades de seres animados.
- 12. Símbolo: cando unha palabra perde o seu significado habitual para expresar outro.
- 15. Sinécdoque: substitúe un elemento por outro co que mantén unha relación cuantitativa.
- 26. Hipérbole: exaxeración.
- 27. Lítote: negación do contrario do que se desexa afirmar.
- 30. Diloxía: uso dunha palabra con dous significados.
Recursos de repetición e estrutura
- 19. Anáfora: repetición dun elemento ou máis ao comezo dun verso.
- 20. Epífora: repetición dun ou varios elementos ao final dun verso.
- 21. Concatenación: unha palabra aparece ao final dun verso e na seguinte ao principio.
- 22. Poliptoto: repetición do mesmo lexema con distintos morfemas.
- 23. Paralelismo: repetición de construcións similares en dous ou máis versos.
- 24. Elipse: omisión de elementos que se sobrentenden cando o termo omitido xa está expresado no contexto; é unha zeugma.
- 25. Enumeración: sucesión de elementos relacionados entre si. Cando non teñen relación entre si, son unha enumeración caótica.
Recursos de apelación e pregunta
- 28. Apóstrofe: apelación a un ser que non é o destinatario do discurso.
- 29. Interrogación retórica: pregunta da que non se espera resposta.