A Ascensión de Hitler ao Poder en Alemaña: Orixes e Claves
Classified in Training and Employment Advise
Written on in
English with a size of 2.88 KB
Ascenso de Hitler ao Poder
Despois da Primeira Guerra Mundial, Adolf Hitler formou parte dun grupo paramilitar (DAP) formado por excombatentes, obreiros e estudantes descontentos unidos pola idea panxermanista (antisemita, nacionalista e antimarxista) e que se transformou en 1920 no Partido Nacionalista Alemán dos Traballadores (NSDAP) ou Partido Nazi. Este non foi fundado por Hitler, pero pouco a pouco el vai ir collendo o poder. En 1923 vai ir rodeándose de xente e vai levar a cabo o putsch (intento de golpe de estado), o que o leva ao cárcere. En 1924, Hitler é encarcerado por planexar dito golpe de estado na coñecida como cervezaría de Múnic, pasando 9 meses en prisión.
A Crise Económica e Social
A crise económica aumentou a tensión social. Despois da Primeira Guerra Mundial, Alemaña entra nun sistema de república democrática que todo o mundo identifica coa derrota e a humillación de Versalles. Moitas persoas, entre os obreiros e as clases medias, deixaron de apoiar o goberno e empezaron a votar opcións extremistas (Partido Comunista e Partido Nazi). Ademais, ante o temor de que se levara a cabo unha revolución obreira, os industriais e financeiros decidiron apoiar ao Partido Nazi para que restablecese a orde.
As Eleccións de 1932 e a Chegada á Chancelería
Nas eleccións ao Parlamento de 1932, os comunistas e os nazis foron as forzas máis votadas, mentres que os socialistas e os partidos de centro sufriron un forte descalabro. Pero ningún partido tivo maioría absoluta e, polo tanto, ningún podía formar goberno en solitario. O presidente da república, Paul von Hindenburg, presionado polos homes de negocios e polos grupos máis conservadores, nomeou chanceler a Hitler en xaneiro de 1933.
A Consolidación do Réxime Nazi
En poucos meses os nazis fixéronse con todo o poder. Co pretexto de que un comunista incendiara o Reichstag, os comunistas foron encerrados en campos de concentración. O goberno nazi aproveitou para ilegalizar todos os partidos políticos e sindicatos.
Violencia e Depuración Interna
Hitler creou grupos paramilitares, as SA (Seccións de Asalto), nas que participaban militares, xente descontenta, obreiros..., que empregaban a violencia para protexer ao seu líder. En xuño de 1934 ordenou asesinar os adversarios políticos e membros das propias SA (incluíndo o seu líder, Ernst Röhm) na chamada noite dos coitelos longos. Hitler comezaba a darse conta de que Röhm lle facía sombra, e os financeiros e empresarios quéixanse da violencia empregada polas SA, polo que manda asasinar os seus integrantes.
Cando Hitler chegou ao poder, creou unha garda persoal de elite, as SS, cuxos membros debían cumprir estritos requisitos raciais (ser homes arios puros, sen familiares xudeus en polo menos oito xeracións). Este grupo foi o encargado de acabar coas SA.