Xosé Luís Méndez Ferreiro: Vida, Obra e Legado Literario
Xosé Luís Méndez Ferreiro
Nace en Galicia (Ourense) o 7 de agosto de 1938, e ten agora 77 anos. Casou en dúas ocasións: a primeira con María Xosé Queizán, coa que tivo dous fillos, e a segunda con Moncha Fuentes, coa que tivo unha filla.
Desempeñou varias profesións: foi político, escritor, filólogo e profesor.
Fixo o servizo militar en Canarias. Cursou o seu primeiro curso de bacharelato en Ourense e despois trasladouse coa súa familia a Pontevedra, onde acabou o bacharelato. Ao cabo dun tempo, a familia trasladouse a Vigo, pero el decidiu marchar para estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.
En 1957 trasladouse a Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Románica.
En 1958 formou parte do grupo plástico-literario Brais Pinto, de tendencia nacionalista e moi influído pola estética beat. Nas súas viaxes por Francia e Inglaterra tomou contacto co marxismo.
En 1964 creouse o partido Unión do Pobo Galego, encabezado polos exiliados e que Xosé Luís apoiaba e axudaba.
Debido á súa actividade política, Xosé Luís estivo no cárcere varias veces, e nunha delas tivo que pasar á clandestinidade.
En 1977 participou na formación da Unión do Pobo Galego de liña proletaria, que se converteu en 1978 no Partido Galego do Proletariado, e en 1979 na Organización de Liberación Nacional Galicia Ceibe.
Na actualidade sostén iniciativas políticas e sociais como as Redes Escarlata e é membro destacado da organización política FPG (Frente Popular Galega).
Formación e primeiros pasos literarios
Na Pontevedra dos anos 50 vai tomando conciencia da realidade lingüística e cultural e do papel que o galeguismo de preguerra tivo, coa silenciada figura de Castelao.
Formouse na biblioteca de Andrés e Jesús Muruais e publicou os seus primeiros textos na revista Litoral co pseudónimo de Laín Feixoo.
Actualmente é columnista no xornal Faro de Vigo e dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro.
Aínda que tamén escribiu poesía, ensaio, literatura xuvenil, etc., Méndez Ferrín escribía principalmente obras narrativas. As súas características neste tipo de literatura son:
- Preocupación crítica e revolucionaria polos problemas de Galiza.
- Repítense personaxes e espazos, e incorpóranse tamén outros pertencentes a outras obras literarias de todos os tempos.
- Presenza do misterioso e do inexplicable, e predominio da violencia e a morte.
- Flutuación entre o real e o ficticio.
- Ás veces as personaxes sofren metamorfoses e transfórmanse.
- Desenlaces sorprendentes e paradoxais.
As tres etapas da súa narrativa
A narrativa de Méndez Ferrín divídese en tres etapas:
- 1ª etapa: Comeza nos anos cincuenta ata mediados dos sesenta e coincide co desenvolvemento da Nova Narrativa, movemento que introduciu renovacións formais e temáticas procedentes da literatura europea e americana, que tratan temas como a insistencia no absurdo e no sentido da vida. O marco galego está ausente, aínda que indirectamente se fala del.
- 2ª etapa: Maior riqueza temática, grande variedade de influencias e, por riba de todo, a preocupación política.
- 3ª etapa: Volta á fantasía e ás recreacións míticas, con influxos de Tolkien e Ende e tamén de Otero e Cunqueiro.
Obra narrativa
- O crepúsculo e as formigas, 1961.
- Arrabaldo do norte, 1964.
- Retorno a Tagen Ata, 1971.
- Elipsis e outras sombras, 1974.
- Antón e os inocentes, 1976.
- Crónica de nós, 1980.
Obra poética
- Voce na néboa, 1957.
- Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980.
- O fin dun canto, 1982.
- Erótica, 1992.
- Estirpe, 1994.
- O outro, 2002.
- Contra Maquieiro, 2005.
- Era na selva de Esm, 2005.
Ensaio
- De Pondal a Novoneyra, 1984.
- Vigo: fronteira do alén, 1988.
- A poesía galega vista desde os relanzos derradeiros do século XX, 2000.
- Coson honrado das antigas falas, 2001.
- Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, 2007.
- Nós, Galiñeiro, 2012.