Xeración do 36 e Xeración das Festas Minervais: Poetas Galegos

Employment training and career guidance8.78 KB

Xeración do 36

Reciben este nome os poetas que, pola súa data de nacemento, sufriron as consecuencias da Guerra Civil en 1936. Algúns deles figuraron na Federación de Mocidades Galeguistas e outros forman parte da Federación Universitaria Escolar.

  • Fermín Bouza-Brey: continúa en Seitura, coa liña paisaxística. O neotrobadorismo é menos frecuente nesta obra de Fermín.
  • Álvarez Blázquez: neotrobadorista, Cancioneiro de Monfero (poemas neotrobadorescos).
  • Luís Pimentel: intimista e de textos de denuncia, con personificación, hipérbole, encabalgamento, símil, metáfora, elipse verbal, imaxe acústica e aliteración das fricativas. Obra escasa: Triscos e Sombra do aire na herba.
  • Díaz Castro: caracterízase polo intimismo, o neovirxilianismo e o hilozoísmo. Nimbos é o seu único libro neovirxilianista, para mergullarse nos grandes interrogantes do individuo e indagar na dimensión colectiva da Galicia real. O escepticismo é redimido por unha intensa relixiosidade. Só Deus será capaz de equilibrar a sombría realidade íntima e colectiva. Decántase pola liberdade na medida e no ritmo dos seus versos. Non só fala del, tamén de Galiza.
  • Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961): a temática é a natureza, o amor, o tempo, a palabra poética, a soidade e a morte. Esta temática combínase nos sucesivos libros, cun cambio de forma, abandonando o clasicismo formal e camiñando cara a unha maior simplificación e esencialidade. Cómaros verdes, o primeiro libro poético importante da posguerra. O núcleo e a paisaxe, con influencia hilozoísta; tamén hai poemas neotrobadorescos ou surrealistas.
  • Álvaro Cunqueiro: Herba de aquí e de acolá convértese nun mestre para a poesía a partir dos anos 80. O seu clasicismo culturalista retoma o diálogo con outras culturas e reinterpreta mitos diversos. As súas características son:
    • Recreación de mitos de diversas épocas, así como obras literarias ou artísticas.
    • Reflexión sobre os problemas humanos, a preocupación polo paso da vida e do tempo e a serena aceptación da morte como metamorfose.
    Outras obras son Dona dun corpo delgado e as publicadas antes da guerra: Mar ao norde, Poemas do si e do non e Cantiga nova que se chama riveira.
  • Celso Emilio Ferreiro: é o máximo representante da poesía social, o guía da corrente socialrealista que se estenderá durante os anos 60 e ata mediados dos 70. Outras das súas vías poéticas serán a ironía crítica e o lirismo intimista. Longa noite de pedra foi un título interpretado como símbolo da situación social e política de Galicia e España durante a ditadura: opresión, insolidariedade e falta de liberdade. Defende os marxinados, a terra e os sinais de identidade, denuncia unha civilización que explota o ser humano, acusa o poder opresor e maniféstase contra a guerra. A lingua usada é coloquial; as imaxes simbólicas (pedra, luz) abundan, as anáforas, enumeracións, onomatopeas e o uso de frases feitas confírenlle un prosaísmo moi eficaz para expresar o humor sarcástico.
  • Ricardo Carvalho Calero: a súa obra Pretérito imperfecto revela un mundo poético de dominio lingüístico e conceptualismo existencial, paisaxe idealizada de carácter bucólico, telúrico-existencialista, con toque clásico: citas cultas, poesía de moito contido e moderna. Especialista en cultura medieval portuguesa e presidente de Agal.

Promoción de enlace

  • Antón Tovar: presenta obras como O vento no teu colo e Calados esconxuros. Mostra unha linguaxe máis enriquecida para afondar na súa intimidade dorida e abrirse ás preocupacións solidarias: poemas intimistas e inquietude co comezo dunha protesta.
  • Luz Pozo: sufriu as consecuencias da guerra. O paxaro na boca, poesía de amor, con claras influencias de Luís Pimentel. Estudou maxisterio e filoloxía e tamén estudou música. O paxaro simboliza o pene do home; era unha muller moi avanzada.
  • Manuel Cuña Novás: coa súa obra Fabulario novo inicia a temática da angustia persoal, que predominará nos anos 50 na Escola da Tebra.

Xeración das Festas Minervais

  • Manuel María: os seus primeiros libros Muiñeiro de brétemas e Morrendo a cada intre enmárcanse dentro da poesía existencial da Escola da Tebra. A lírica paisaxística aparece en Terra Chá e Documentos persoais, o primeiro dunha serie de obras que emprega o realismo social e o humor como medio de denuncia.
  • Uxío Novoneyra: é o poeta do Courel; a temática é a paisaxe humanizada. Os eidos, Libro do Courel, reúne os dous libros anteriores Os eidos e Os eidos 2. Nos anos sesenta ensaia coa disposición tipográfica dos versos, o simbolismo fonético e o estilo litúrxico, especialmente no poema Letanía de Galicia.
  • Méndez Ferrín: trasládase a Santiago, foi profesor universitario en Vigo, funda a Unión do Pobo Galego e posteriormente o Partido Galeguista do Proletariado. A intensa actividade política custoulle diversas detencións e anos de cárcere. Traballou como columnista do Faro de Vigo e director da revista A Trabe de Ouro. Membro da Academia Galega e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, foi proposto ao Premio Nobel de Literatura. Ata o ano pasado foi presidente, e ten unha obra poética moi ampla: o seu radicalismo anarquizante e existencialista levouno a participar na construción do grupo Brais Pinto, na liña do pesimismo existencial da Escola da Tebra. Publica o poemario Voce na neboa, tamén Con pólvora e magnolias, cunha mestura de intimismo e loita; Estirpe, intentando demostrar a importancia da raíz galega; Erótica, con poemas de amor físico e alto grao de erotismo; e Contra maquieiro, símbolo de forza contra a inxustiza.
  • Bernardino Graña: Non vexo Vigo nin Cangas, visión social e humana do mundo do mariñeiro. Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen, con moito sentido do humor, que reflicte na súa poesía.
  • Xoana Torres: particular simboloxía paisaxística en libros como Do sulco.

Download

PDF Word HTML