A Xeración do 25 e a Poesía de Vangarda en Galicia

Greek3.49 KB

A Xeración do 25

Nos anos vinte e trinta xorde en Galicia un grupo de escritores, nados arredor de 1900, que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vangardas literarias europeas. Constitúen a Xeración do 25, tamén chamada Xeneración do 22 ou Xeneración das Vangardas.

Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Participaron na creación do Seminario de Estudos Galegos e na formación do Partido Galeguista. Neles conflúen as novidades vangardistas coa conciencia nacionalista.

Empregaron órganos periodísticos do momento e publicaron revistas literarias de creación propia:

  • Alfar
  • Ronsel
  • Cristal
  • Resol
  • Yunque

Ao tempo, dan a coñecer aos principais representantes da vangarda española e mundial.

A Poesía de Vangarda en Galicia

Centráronse fundamentalmente na poesía, dividindo as correntes poéticas en dúas grandes liñas:

  • A que non rompe totalmente coa tradición literaria autóctona, renovando a poesía galega mediante a asunción de certos presupostos vangardistas. Funden a tradición coa vangarda (o hilozoísmo e o neotrobadorismo).
  • A que rompe totalmente coa tradición literaria galega. Esta liña de vangarda plena corresponde principalmente co creacionismo.

O Hilozoísmo

O hilozoísmo, animismo ou imaxinismo ten como tema principal do poema a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións.

Combina a tradición paisaxística do século XIX coa riqueza das imaxes e metáforas de vangarda. A poesía imaxinista amosa así unha gran sensualidade, destacando a creación de imaxes nas que se reúnen elementos visuais e auditivos cun predominio das cores fortes e vivas. A métrica é sinxela.

Luis Amado Carballo publicou Proel. Tivo unha grande influencia na literatura, xa que foron moitos os autores que seguiron os presupostos estéticos desta corrente poética.

O Neotrobadorismo

Nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-portuguesa. Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval.

Combinan os temas e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes vangardistas.

Principais Representantes

  • Fermín Bouza Brey
  • Álvaro Cunqueiro
  • Xosé María Álvarez Blázquez

O Creacionismo

O autor principal foi Manuel Antonio, o máis orixinal da Xeración Nós. A súa obra está incluída dentro da estética do creacionismo con pegadas futuristas e cubistas, caracterizándose pola ruptura coa tradición literaria galega.

Publica De catro a catro e Follas sen data dun diario de abordo, estruturadas en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres etapas: partida, aventura e regreso.

A súa morte en 1930 truncou unha importante e singular traxectoria literaria. Manuel Antonio expón as súas ideas acerca da literatura no manifesto Máis alá.

O Manifesto Máis Alá

Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro expresan a necesidade de que a literatura galega rompa coa tradición e busque novos camiños. Tamén amosan o seu compromiso coa lingua galega, afirmando o seu monolingüísmo.

Download

PDF Word HTML