As Vangardas Literarias Galegas: Xeración do 25 e Movementos Europeos

Greek3.05 KB

As vangardas literarias

Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa diversos movementos artísticos que pretenden unha renovación total da arte: as vangardas.

Estes movementos teñen en común a ruptura coa tradición literaria e a procura de novos camiños expresivos:

  • Actitude romántica e antisentimental.
  • Defensa de total liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
  • Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico, procura da arte pura.
  • Renovación da linguaxe literaria (verso libre, eliminación dos signos de puntuación, novas funcións das imaxes e metáforas).

Futurismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, etc.

A Xeración do 25

Escritores nados en Galicia que renovan a literatura galega grazas ás vangardas europeas. Mantiveron estreitas relacións coas Irmandades da Fala e da Xeración Nós. Participaron na creación do Seminario de Estudos Galegos e na formación do Partido Galeguista.

Poesía vangardista

  • Sen romper totalmente coa tradición literaria, renova a poesía galega (hilozoísmo e neotrobadorismo).
  • A que rompe totalmente coa tradición literaria galega e segue o camiño marcado polas literaturas vangardistas europeas (vangarda plena, creacionismo).

Hilozoísmo

Tema principal: a natureza, que aparece humanizada mediante personificacións. Combina a tradición paisaxística do XIX coas imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.

Poesía imaxinista

Gran sensualidade, predominio de cores fortes e vivas. Métrica sinxela, versos curtos e rima asonante.

Neotrobadorismo

Nace tras o descubrimento e a difusión da poesía medieval galego-portuguesa. Os poetas novos, marabillados, introducen na poesía elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso, a ambientación especial, o paralelismo, o refrán. Principais representantes: Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro e Xosé María Álvarez.

Creacionismo

Manuel Antonio é o máximo representante. A súa obra, incluída no creacionismo, mostra pegadas futuristas e cubistas. Caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, e é continuadora da obra dos poetas do Rexurdimento, con renovación temática e formal.

Outros poetas vangardistas

  • Álvaro Cunqueiro: participou nos movementos vangardistas e no cubismo.
  • Luis Pimentel: a súa obra caracterízase pola sinxeleza e mostra pegadas vangardistas: metáforas visionarias.

Eduardo Blanco Amor

Romances galegos de ambientación mariñeira, ao xeito dunha sinfonía.

Prosa na vangarda

Rafael Dieste

Escribiu Dos arquivos do trasno, relatos de misterio. Retrata a psicoloxía da xente galega e as experiencias extraordinarias (sobre a morte de Bieito).

Download

PDF Word HTML