Transmisión Nerviosa: Potencial de Acción y Sinapsis
Mecanismo químico
Situación de potencial de repouso
En repouso, na membrana do axón da neurona está pechada a canle de Na+, e aberta a de K+. Estas canles funcionan por transporte pasivo, a favor de gradiente. Tamén está funcionando a bomba Na+/K+. O exterior da membrana está cargado positivamente porque a bomba Na+/K+ introduce 2K+ por cada 3Na+ que saca, por tanto, como hai máis K+ dentro que fóra, a canle de K+ funciona (transporte pasivo) sacando K+ fóra da membrana.
Situación de potencial de acción
Cando se recibe un impulso nervioso, pecha a canle de K+ e bloquéase a bomba Na+/K+, e abre a canle de Na+ pola que pasan os ións de Na+ por transporte pasivo, inverténdose a polaridade momentaneamente (carga positiva dentro do axón e negativa fóra).
Situación de repolarización
Volvese á mesma situación de potencial de repouso, pechando a canle de Na+ e abrindo a de K+, e activándose novamente a bomba Na+/K+.
Nas neuronas sen vainas de mielina (fibras amielínicas) o impulso nervioso percorre toda a lonxitude do axón. Nas neuronas mielínicas, como as células de Schwann actúan de illante eléctrico, o proceso polarización-despolarización-repolarización sucede só nos nódulos de Ranvier, polo que o impulso nervioso vai saltando de nódulo en nódulo, facendo máis rápida a transmisión nerviosa.
Materia gris
Son zonas nas que se agrupan fibras amielínicas. Nestas zonas o impulso nervioso prodúcese máis despacio, polo que se asocian a zonas de elaboración de respostas complexas (funcións superiores). Atópase na parte central da médula e na codia externa do cerebro.
Materia branca
Son zonas nas que abundan as vainas mielínicas, polo tanto o impulso nervioso é máis rápido. Están relacionadas con respostas rápidas e coa coordinación entre as rexións cerebrais. Están no exterior da médula e no interior do cerebro. (ver imaxe na presentación nº8)
A sinapse
Os impulsos nerviosos transmítense ao longo das fibras nerviosas, pero tamén dunha neurona a outra. O espazo entre neuronas chámase sinapse, e non existe contacto físico entre ambas neuronas. Cando o impulso nervioso chega ao botón presináptico, libéranse os neurotransmisores que se atopan dentro dunhas vesículas, cara á fendedura sináptica (espazo entre dúas neuronas). Estes neurotransmisores son recollidos polos receptores postsinápticos, que se atopan na seguinte neurona, e van activar o potencial de acción. Dependendo do tipo de neurotransmisor e das cantidades liberadas, o número e a frecuencia de impulsos nerviosos varía (pode haber entre 0 e 12.000 impulsos por segundo nunha neurona) e vai activar diferentes neurotransmisores nos botóns presinápticos. Deste modo, a información vai ser diferente en función dos neurotransmisores activados e vai ser interpretada de forma distinta nos centros nerviosos.