Traducción do ADN: Fases, Regulación e Código Xenético
Tradución do ADN
A tradución do ADN é a etapa da expresión xénica na que se biosintetiza a proteína. A fase previa á tradución é a activación dos aminoácidos.
Fases da tradución
Iniciación
O ARNm únese a unha subunidade pequena do ribosoma, formando o complexo de iniciación, e sobre o sinal iniciador, que é o codón AUG. Únese a subunidade grande do ribosoma, onde atopamos tres lugares:
- Lugar P: lugar da cadea nacente de aminoácidos, onde se asocia o primeiro aminoacil-ARNt.
- Lugar A: onde se coloca o último aminoácido.
- Lugar PT: onde se asocia a enzima peptidil-transferase, que cataliza a unión dos aminoácidos.
Elongación da cadea
Unión de sucesivos aminoácidos que se van engadindo á cadea polipeptídica no seo dos ribosomas. O enlace peptídico establécese sempre entre o -COOH do último aminoácido da cadea polipeptídica e o -NH2 do aminoácido de nova incorporación.
Terminación
Pasados varios ciclos de elongación, a síntese da cadea remata cando aparecen tres codóns de terminación do ARNm. Prodúcese a rotura do enlace entre a proteína e o ARNt.
Regulación da expresión xénica
A síntese de proteínas nas células debe estar regulada para que non se produzan grandes cantidades. O sistema de control da expresión xénica baséase no control da transcrición.
Regulación en procariotas: teoría do operón
- Xene R: regulador, que pode ser un inductor ou un represor da transcrición.
- Xene P: promotor da transcrición, onde se une a ARN-polimerase.
- Xene O: operador, secuencia recoñecida polo represor.
Regulación en eucariotas mediante hormonas lipídicas
A activación da transcrición está asociada a múltiples cambios da cromatina da rexión a transcribir. Predomina a regulación positiva. Hai separación física dos procesos: o control da transcrición ocorre no núcleo e o da tradución no citoplasma.
Código xenético
O código xenético é a relación de correspondencia entre as bases nitroxenadas do ARN e os aminoácidos que codifica. A codificación de 20 aminoácidos vén especificada pola secuencia de tres nucleótidos que reciben o nome de codóns ou tripletes.
Teoría cromosómica da herdanza
Pódese resumir en catro puntos:
- Os xenes son os factores materiais responsables da transmisión dos caracteres hereditarios.
- Cada xene ocupa un lugar específico no cromosoma, denominado loci.