Textos publicitarios, lingua e literatura galega medieval
O texto publicitario
O texto publicitario ten como fin persuadir á persoa destinataria para que adquira un produto, realice determinadas accións ou asuma ideas concretas.
- Logotipo: símbolo representado por palabras, letras ou imaxes, co que se identifica a marca comercial ou institución que fai o anuncio.
- Texto: formado por enunciados, slogan, que é a frase máis destacada do anuncio.
- Corpo: contén os datos sobre o produto ou servizo.
- Características: repetición de palabras, emprego de frases feitas e uso de oracións sen verbo e impersoais.
As linguas como sistema de comunicación
Os seres humanos nos comunicamos principalmente a través das linguas naturais. Existen moitos outros sistemas de comunicación (sinais de tráfico, linguaxe animal). As unidades con significado e significante son os símbolos, as onomatopeas e o significado.
Relacións de significado
Relacións semánticas:
- Sinonimia: palabras co mesmo significado (bágoa - lágrima).
- Polisemia: varios significados (pena, mágoa e pena, rocha).
- Antonimia: frío - quente.
Campo semántico: conxunto de palabras que comparten semas. Banco, cadeira, sofá. Hiperónimo: asento; e os seus hipónimos (banco, cadeira...).
A narración
A narración conta sucesos reais ou imaxinarios que lle acontecen aos personaxes nun tempo e espazo determinados.
- Narración literaria: conta feitos inventados, linguaxe coidada: contos, novelas.
- Narración non literaria: relata feitos reais: noticias, reportaxes.
- Narrador: interno ou externo.
- Acción: orde temporal, comezando polo feito importante ou comezando polo final.
- Personaxes: protagonista, antagonista, secundarios.
- Feitos: reais ou imaxinarios.
- Espazo: interior ou exterior.
- Tempo: lineal ou con saltos.
Bilingüismo, diglosia, conflito e prexuízos
A función básica dunha lingua é servir de medio de comunicación, pero tamén ten outras funcións máis específicas como a de identidade dun individuo ou pobo, a familiar, a laboral, a local, a institucional, a cultural ou a internacional. A maioría dos Estados son plurilingües, xa que neles conviven dúas ou máis linguas.
A coexistencia destas leva a que a maior parte dos falantes domine ambas as dúas linguas (bilingüismo), pero tamén a que haxa desigualdades no seu uso e a aparición dun conflito lingüístico. Este baséase nunha disputa entre as dúas linguas por desempeñar todas as funcións no territorio.
O conflito debe estudarse ligado ás causas históricas que o orixinaron. Por exemplo, a imposición do castelán respecto do galego provocou que o castelán fose recoñecido como o máis importante. Esta situación de emprego diferente das linguas coñécese como diglosia. Entre as consecuencias máis comúns atopamos: a restrición de usos, os prexuízos lingüísticos e as interferencias lingüísticas. Nesta situación de conflito, dúas son as posibles saídas: a substitución lingüística ou a normalización.
Como consecuencia dos prexuízos atopamos rexeitamento cara a fonemas, palabras ou linguas enteiras, ademais da aparición de estereotipos lingüísticos (crenzas sobre as linguas e os seus falantes). A función principal destes prexuízos é a xustificación da superioridade dun grupo.
A sociedade galega sufriu unha situación de sentimento de inferioridade e autoodio. Entre os prexuízos lingüísticos máis comúns do galego atopamos: a suposta falta de utilidade, a súa asociación coa pobreza, a suposta imposición do galego, a invención do galego estándar e o galego como sinal de descortesía.
Prefixos e sufixos
Prefixo: morfema derivativo que se antepón ao lexema para formar palabras novas.
- Orixe latina: a-, ad- (dirección ou aproximación), con-, com-, in-...
- Orixe grega: a- (negación), anti-, hiper-, hipo-, macro-/micro-.
Sufixos:
- Alterativos: diminutivos -iño/a, aumentativos -ón/ona, despectivos -acho/-acha.
- Derivativos: forman palabras de diferente significado: faba - fabada.
O texto dialogado
O texto dialogado é a modalidade máis común da comunicación oral.
- Estilo directo: reprodución exacta das palabras. Xoán: «Hola».
- Estilo indirecto: o narrador conta o dito.
Características: cobra importancia o ton de voz, a énfase, as intensidades e os movimentos corporais, e as frases adoitan ser breves, incompletas e espontáneas.
Substrato prerromano e superestratos
Substrato prerromano: raíz car-. Palabras: esquerdo, sobaco, lama, cerveza.
Superestratos árabes e xermánicos:
- Antroponimia: Gonzalo, Fernando.
- Toponimia: -riz (Allariz, Mondariz), -mil (Samil).
- Léxico común: branco, escuma, sopa.
O substantivo e o léxico patrimonial
Substantivo: palabras variables en xénero e número que nomean persoas, lugares, animais...
- Palabra patrimonial: a que existe desde o nacemento da lingua: novum > novo.
- Cultismo: palabra introducida con posterioridade e adaptada: clavem > clave.
- Dobrete: dúas palabras, unha patrimonial e outra culta, que derivan da mesma latina: clamare > llamar e clamar.
- Semicultismo: palabras derivadas do latín que non realizaron por completo a súa evolución fonética. Ex.: século - siglo.
O texto descritivo
O texto descritivo explica características ou calidades dun ser, obxecto ou lugar.
- Descrición obxectiva: sen valoracións.
- Descrición subxectiva: con opinión persoal.
O galego antigo
Esplendor medieval (séculos IX-XIII): na primeira parte da Idade Media o latín era a lingua de prestixio, a lingua da administración e da Igrexa, a única que se usaba na escrita. Na comunicación oral e nos ámbitos familiares e coloquiais falábase o galego-portugués. Toda a poboación, incluídos os reis e os nobres, era galegofalante. O latín era a lingua alta e o galego-portugués a lingua baixa, un caso de diglosia clásica.
No século XIII o galego-portugués empezou a usarse en todos os ámbitos, e no século XIV Portugal independízase, deixando só o galego. As principais testemuñas da literatura galega son os cancioneiros profanos.
O adxectivo
O adxectivo é a clase de palabra que expresa cualidades.
- Grao positivo: día agrisado.
- Grao comparativo: inferioridade, superioridade e igualdade.
- Grao superlativo: absoluto (-ísimo) e relativo (máis dócil).
Cantiga de amigo
A voz narradora é sempre feminina e refire os seus sentimentos cara ao namorado, o amigo, que está ausente nese momento. A perspectiva pode ser amor feliz ou satisfeito, amor infeliz ou insatisfeito, e as dificultades e prohibicións respecto da relación.
- Estados emocionais: feliz e apaixonada pola chegada do amigo, resentida xa que non acudiu á cita, e anhelante.
- Ciclos temáticos: barcarolas (referentes ao mar e aos barcos), bailadas (referencias ao baile), cantigas de romaría (arredor dunha romaría ou santuario).
Cantiga de amor
A voz narrativa é sempre a dun home; a muller é chamada «dona» ou «muller». Trátase de amor non correspondido e o namorado presenta absoluta submisión cara á súa amada. Existen cantigas de refrán e de maestría.
Cantiga de escarnio e maldicir
Trobador burlesco e tan convencional como o da cantiga de amigo e de amor. Estrutura de enunciación, paralelismo narrativo coa primeira estrofa e glosa irónica. Emprego da ironía e da parodia para enmarcar a burla.