Reino Unido e a Era Vitoriana
- Cámara dos Comúns
- Cámara baixa do Parlamento do Reino Unido e máximo órgano lexislativo do país.
- Cámara dos Lords
- Cámara alta do Parlamento do Reino Unido. Os lords son a alta nobreza e as persoas máis relevantes da vida social e política do país. Ata o século XIX tiveron gran poder.
- Era Vitoriana
- Foi o reinado de Vitoria I, que comezou en 1837 e prolongouse ata 1901. Neste período o Reino Unido alcanzou a súa máxima expansión territorial, consolidou o seu desenvolvemento industrial e mantivo as institucións baseadas na monarquía parlamentaria.
- Cuestión Irlandesa
- Foi a unificación de Irlanda co Reino Unido, a cal mantivo un desafío constante contra a súa incorporación. A tensión aumentou pola crise económica e a expulsión de miles de arrendatarios irlandeses das terras propiedade de terratenentes ingleses. Estes feitos radicalizaron o movemento nacionalista liderado por Charles S. Parnell.
- Tories
- Partido conservador do século XIX de Inglaterra.
- Whigs
- Os whigs ou liberais foron un partido político que potenciou as reformas democráticas da lei electoral de 1867.
- Reformas electorais
- Foi unha reforma de 1884 que elevou a cinco millóns o número de electores.
Conceptos Políticos e Sociais
- Plebicito
- Consulta dos poderes públicos ao voto popular directo para aceptar ou rexeitar unha proposta política sobre poderes excepcionais, soberanía, etc.
- Bonapartismo
- Forma de goberno por parte de Luís Napoleón Bonaparte que respondía á tradición cesarista, en que o poder se concentraba nun só home pero a súa lexitimidade procedía do pobo.
- Dereito de folga
- Dereito que teñen os traballadores de reivindicaren as condicións de traballo.
- Ensinanza laica
- Sistema educativo que non posúe elementos de natureza relixiosa.
- Confederación
- Unión de territorios na que estes conservan a súa soberanía aínda que teñan institucións comúns. Estas últimas non teñen capacidades para tomar decisións.
- Secesión
- Acto de separarse dunha organización ou entidade política.
O Imperio Alemán e Centroeuropa
- Konzern
- Consorcio empresarial ou grupo de empresas en Alemaña. Modalidade de concentración en que un grupo de empresas controlaba un sector da produción ou todo o proceso produtivo, por exemplo, do aceiro (minas, altos fornos, etc.).
- Kulturkampf
- Loita pola cultura contra a Igrexa católica.
- Káiser
- Título usado polo emperador alemán.
- Monarquía dual
- A partir de 1867, o Imperio austríaco coñeceuse como o Imperio Austrohúngaro, popularmente chamado Monarquía Dual. Austria e Hungría eran estados separados, cada un coa súa propia constitución, goberno, parlamento e lingua.
Réximes Autocráticos e Relacións Internacionais
- Tsar
- Título usado polo emperador ruso.
- Autocracia
- Termo que significa "goberno dun mesmo". Sistema de goberno autoritario en que a vontade dun soberano era a lei suprema.
- Sultán
- Título usado por monarcas turcos que facía referencia á súa autoridade política.
- Estado teocrático
- Forma de estado en que os líderes políticos son, ao mesmo tempo, líderes relixiosos.
- Realpolitik
- Realismo político, que antepoñía os resultados aos principios morais á hora de tomar decisións políticas.
- Paz armada
- Período de tempo desde 1879 ata o estalido da Primeira Guerra Mundial en 1914 onde as principais potencias levaron a cabo un intenso rearmamento.
- Entente
- En francés, "entendemento, acordo". Aplícase dende 1904 para designar os tratados de colaboración entre dous ou máis países en perfecta sintonía de intereses.