O Teatro Galego: Das Irmandades á Xeración Nós
TEMA 4: O TEATRO
O teatro galego anterior ás Irmandades amosa unha ambientación case exclusivamente rural. É un teatro de extensión breve, dominado polo costumismo, poboado por personaxes labregas tópicas e escrito frecuentemente en verso e nun galego moi dialectalizado.
A nosa dramaturxia presenta ao comezar o século XX catro tendencias básicas:
Social (temática anticaciquil), costumista-humorística, histórica e teatro lírico.
A partir de 1916, grazas ao labor das Irmandades, o teatro galego experimenta un salto cualitativo importante con respecto á súa situación anterior.
As Irmandades consideraron que o teatro era un dos medios máis acaídos para a propaganda das ideas galeguistas. Pretenderon potenciar a escrita e representación de teatro en galego, preocupándose pola introdución de novas técnicas e novos temas e pola construción dun modelo de lingua que superase a constante apelación ao vulgarismo e ao dialectalismo. Volcáronse na fundación de grupos e esforzáronse en cultivar a literatura dramática escribindo obras orixinais e facendo traducións. Esforzo que topou con diversos obstáculos, como a falta de actores, polo que moitas pezas se convertían en «teatro para ler».
A compañía máis importante foi o Conservatorio Nazonal do Arte Gallego, que debutou coa obra A man de Santiña (Cabanillas), e que deu lugar, tras a súa disolución, á Escola Dramática Galega.
Outro obstáculo foi a desvalorización do idioma galego nas capas medias e urbanas da sociedade e, sobre todo, a posterior aparición do cinema.
Tendencias
- Conservadora: (Xavier Prado, Manuel Comellas…) Nela conflúen as tendencias social, costumista e histórica. A temática está centrada no mundo rural, con personaxes tópicas e temática humorística.
- Renovadora: Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte… Pretenden a dignificación do idioma galego mediante a procura de modelos doutras literaturas europeas.
- Posición intermedia: Armando Cotarelo.
Principais autores das Irmandades
Antón Villar Ponte: exerceu como crítico e tradutor para o galego de pezas de Shakespeare, Aristófanes… Obra: A patria do labrego, O Mariscal.
Ramón Cabanillas: escribiu a comedia A man de Santiña, O Mariscal.
Leandro Carré: autor de moitas pezas de técnica benaventina e ambiente burgués urbano. Rexurdimento, O pecado allo, Tolerias, Pra vivir ben de casados, Noite de ruada, Enredos, A venganza, O corazón dun pedáneo, Noite de trunfo.
Armando Cotarelo Valledor
- Teatro labrego: Trebón e Lubicán
- Teatro pacego, coa comedia sentimental Sinxebra
- Teatro histórico
- Teatro mariñeiro: Beiramar e Mourenza
Rafael Dieste: A fiestra valdeira, O drama do cabalo de axedrez
Xeración Nós
Grazas a eles o teatro coñece un certo pulo.
Concíbeno como un espectáculo global e desvincúlano da función propagandística.
Tamén incorporan tendencias da dramaturxia europea.
- Vicente Risco: O bufón de El Rei
- Otero Pedrayo: A lagarada, O fidalgo, Rosalía…
- Castelao: Os vellos non deben namorarse
Este pulo innovador foi interrompido pola Guerra civil, e haberá que agardar á década dos 60-70 para atopar un teatro galego de calidade.
A acción das Irmandades e da Xeración Nós tivo grande importancia no teatro, aumentando o número de obras e desvinculando ao galego das obras do aspecto cómico.