A situación galega a principios do século XX e Ramón Cabanillas

Classified in Greek

Written on in English with a size of 3.29 KB

A situación galega a principios do século XX

A situación galega nas portas do século XX recolle a herdanza do Rexurdimento. A situación de Galicia a principios do século XX ven dada polas seguintes características:

  • Segue habendo unha grande emigración.
  • A situación do campesiñado mellora algo debido a que algúns redimen as rendas forais que pagaban antes e poden converterse en donos das terras que traballaban.
  • Por outra banda, hai melloras na agricultura a nivel técnico (uso de fertilizantes…).

A fidalguía rural vai desaparecendo —este derrumbe é descrito por Otero Pedrayo— e o seu lugar vai ser ocupado por unha clase burguesa que soe ter orixe maragata e catalá. A única industria que existe en Galicia é a conserveira, case toda en mans de cataláns. Tamén nace o nacionalismo galego en 1916 coas Irmandades da Fala.

A literatura de principios de século

A literatura a principios de século continuou as liñas marcadas polo Rexurdimento, con xente como Lamas Carvajal, etc. Cabe mencionar as dúas figuras máis importantes desta época, que se coñecen como de “transición” ou “intersecular”: Noriega Varela e Cabanillas.

Ramón Cabanillas e a súa traxectoria

Ramón Cabanillas é o poeta máis sobresaínte da época; o seu nome aparece vencellado aos principais acontecementos históricos e culturais do primeiro terzo do século XX. A súa traxectoria distínguese en catro etapas:

  • Primeira etapa (formación): Comeza a escribir en castelán. Ao emigrar a Cuba, entra en contacto con intelectuais galegos e asume o compromiso de escribir en galego. Publica aquí No desterro e Vento mareiro. Nestes versos amósase a voz dun poeta civil que denuncia a miseria dos labregos, etc.
  • Segunda etapa (galeguista): Destaca o libro Da terra asoballada. Influenciado polas Irmandades, asume a voz do poeta civil que loita pólos intereses de Galicia.
  • Terceira etapa (mitolóxica): Coincide coa reorientación ideolóxica das Irmandades cara posturas máis culturalistas. Escribe poesía na que se empeña en reconstruír o pasado mitolóxico de Galicia no libro Na noite estrelecida.
  • Cuarta etapa (postguerra): Cabanillas deixa de publicar e escribir, salvo algúns poemas de circunstancias durante a República. A finais da década dos 40 empeza unha segunda etapa de madurez creadora. Dada a situación de penúria e persecución política, a voz de Cabanillas volve asumir un papel simbólico de recuperación cultural. Publica entón Antífona da cantiga, que foi a primeira obra que saíu na editorial Galaxia.

Temática e estilo

Os temas que usaba eran moi variados; a súa temática centrada na miseria, a fame e a emigración vese en libros como Da terra asoballada. En Na noite estrelecida vemos unha poesía narrativa, con influxo do modernismo. O mérito de Cabanillas consiste en que foi capaz de asimilar os modelos do século XIX e superalos grazas á incorporación á nosa literatura dalgunhas correntes renovadoras da literatura occidental, como o saudosismo português.

Related entries: