Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado da Poetisa Galega
Rosalía de Castro
ROSALÍA DE CASTRO
Escribiu en lingua galega tanto textos poéticos como prosaicos.
Filla de nai solteira, aínda que viviu coa tía paterna en Ortoño.
Frecuentou o Liceo de la Juventud, de Compostela, onde coñeceu persoas do mundo literario e político.
En Madrid publicou os seus primeiros libros.
Casou con Murguía e asentáronse nun momento determinado en Padrón.
Morreu dunha enfermidade e os seus restos consérvanse no Panteón de Galegos Ilustres, onde tamén están os de Cabanillas, Asorey ou Castelao.
Foi a primeira muller que se atreveu a denunciar nos seus escritos as inxustizas sociais do seu tempo.
Foi unha precursora na loita das mulleres por acadar os dereitos que lles corresponden.
É unha icona da rebeldía contra a sociedade patriarcal e defensora dos dereitos lingüísticos e políticos do pobo galego.
Follas Novas
FOLLAS NOVAS
- Publicado en 1880 na Habana.
- Escrito dez anos antes, atopou bastantes impedimentos para ser publicado aquí.
- Está formado por un prólogo e 137 poemas divididos en cinco capítulos.
- Obra máis persoal e filosófica ca Cantares Gallegos, con un ton máis pesimista.
No prólogo explica os motivos que a levan a escribir o libro:
- Intención de crear un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos;
- introdución no romanticismo filosófico de raigame intimista;
- compromiso cos problemas, penas e sufrimentos alleos.
Liñas temáticas
As liñas temáticas que presenta o libro varían segundo os capítulos (nomes?):
- os dous primeiros: intimista ou subxectiva;
- os dous últimos: obxectiva ou social;
- o capítulo III mestura as dúas temáticas.
Temática intimista
O desacougo e a angustia existencial, a saudade, o paso do tempo, a morte, o medo á felicidade e a reflexión sobre a escrita son temas abordados desde un carácter intimista.
- O amor, para Rosalía, está condenado ao fracaso e será unha ilusión que se destrúe co paso do tempo.
- As dúbidas (existencialismo) e as crenzas non fan senón revelar a conflitividade humana e o sentimento de saudade.
Temática obxectiva ou social
A denuncia dos males da terra, da pobreza, da emigración, da situación das mulleres, da hipocrisía e da rebelión pertence á temática obxectiva ou social. Cobra importancia a simboloxía da negra sombra ou do cravo, símbolos da dor e da nostalxia.
Lieders
O manifesto onde Rosalía expresou a súa liberdade de expresión e de igualdade social leva por título Lieders.