Revolución Rusa de 1917: Causas, Fases y Gobierno Provisional

Employment training and career guidance2.53 KB

Oposición al tsarismo

Oposición ao tsarismo: en 1898 fundouse o Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR), inspirado nos principios marxistas, onde destacou Lenin. En 1903 dividiuse en menxeviques («minoritarios»), que defendían que Rusia debía pasar por unha revolución burguesa e desenvolver unha economía capitalista antes de comezar a revolución socialista, e en bolxeviques («maioritarios»), que querían derrocar o tsarismo e instalar unha ditadura democrática revolucionaria provisional do proletariado e do campesiñado.

Revolución de 1905

Revolución de 1905: a situación económica, social e política nos primeiros anos do século XX convulsionou o tsarismo. Isto provocou o descontento dos campesiños e dos obreiros, que vivían en nefastas e peores condicións debido ás reformas, e ademais as derrotas de 1905 contra Xapón provocaron o descrédito do tsar. Este descontento, por parte da maior parte da poboación, expresouse nas folgas de San Petersburgo. En 1905 unha manifestación terminou traxicamente con centenares de mortos e feridos (Domingo Sanguento) cando os manifestantes querían reivindicar ao tsar as súas opinións. Isto foi o detonante dun movemento revolucionario.

Revolución de febreiro de 1917

Revolución de febreiro de 1917: o 23 de febreiro estalou unha folga na fábrica de armamentos Putílov, que iniciou unha revolución espontánea en Petrogrado, e ao día seguinte a cidade paralizouse por unha folga xeral. Estas folgas contra a guerra e as pésimas condicións de vida estendéronse a outros lugares, como Moscova. O 26 de febreiro produciuse unha sanguenta represión do exército, e ao día seguinte este uniuse aos manifestantes. Os revolucionarios (menxeviques, socialistas revolucionarios e bolxeviques) reorganizaron o soviet de Petrogrado, no que, en principio, plantexaron a posibilidade de facerse co poder.

Goberno Provisional

Goberno Provisional: entre marzo e outubro, en Rusia houbo dous poderes distintos: os dos soviets e o Goberno Provisional. O Goberno Provisional adoptou reformas e mantivo os seus compromisos na guerra, pospoñendo as reformas básicas, como a agraria. Este era moi inestable, xa que non tiña un forte exército e pasou por sucesivas crises. A permanencia do país na Primeira Guerra Mundial enfrontou o goberno con menxeviques, socialistas revolucionarios e bolxeviques, partidarios dunha paz inmediata.

Download

PDF Word HTML