Renovadores da Prosa Galega: Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e a Nova Narrativa

Greek2.82 KB

Os renovadores da prosa

Na prosa destas décadas podemos diferenciar a prosa dos escritores do exilio. Fole, Cunqueiro e Blanco Amor inician nos anos 50 a publicar a súa obra. Nos anos 60, a nova xeración (Nova Narrativa Galega) con Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Os renovadores da prosa

Anxel Fole

Principal cultivador do conto, céntrase no mundo rural galego, basease na tradición narrativa popular oral nos temas e na técnica, mestura humor-medo e realidade-maxia. Utiliza o galego das terras de Lugo.

  • 4 libros de relatos: Alus do candil, Terra brava, Contos da neboa e Historias que ninguén cre.

Álvaro Cunqueiro

Mestura do real e do fantástico. Linguaxe culta + lingua popular. Estilo influenciado polas narracións tradicionais.

  • Merlín e familia
  • As crónicas do Sochantre
  • Se o vello Simbad volvese ás illas

Blanco Amor

Publica A esmorga, renovación narrativa do galego. Máximo representante do realismo social. Ambientación dun mesmo espazo urbano, Ourense-Auria, perspectivismo e lingua popular.

  • A esmorga
  • Os biosbardos
  • Xente ao lonxe

Neira Vilas

Dúas liñas temáticas: o mundo rural (Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Querido Tomás) e a emigración (Camiño bretemoso, Remuíño de sombras). Múltiples técnicas narrativas, diferentes puntos de vista e distintas presentacións formais.

A nova narrativa galega

Grupo de obras e autores que nos anos 60-70 propiciaron a revisión das tendencias da narrativa precedente. Inicia a produción desta escola Nasce unha árbore e Cara o Times Square de Camilo Gonsar.

Diversas técnicas narrativas, personaxes antiheroes, espazo urbano, ruptura co tempo lineal e temáticas existencialistas. Autores: Mourullo, Camilo Gonsar, Méndez Ferrín e Carlos Casares.

Méndez Ferrín

Materia de Bretaña: Percival e outras historias, Amor de Artur. Absurdo da vida humana, violencia autodescritiva. Mundo mítico de Ferrín: Retorno a Tagen-ata, Bretaña, Esmeraldino.

Carlos Casares

Dúas etapas: experimentalismo e renovación formal: Vento ferido, Xoguetes para un tempo prohibido. Ambientadas nun paisaxe histórico, realismo: Ilustríssima, Os mortos daquel verán, Os escuros soños de Aio, O sol do verán.

Outros autores

  • Manuel Xosé Queizán: A orella no buraco, Amantia, Amor de tango.
  • Xohana Torres: Adeus, María.

Download

PDF Word HTML