Recursos Hídricos en España: Escasez, Gestión y Soluciones

Employment training and career guidance4.13 KB

Recursos hídricos en España

España é un territorio onde a auga é escasa e está desigualmente repartida. Podemos considerar a España como unha área xeográfica árida, xa que as precipitacións só superan os 1000 mm anuais nos lugares de clima oceánico.

Nas terras de clima interior e mediterráneo, as chuvias son escasas e irregulares. Do elevado grao de aridez de boa parte das terras de España derívase a escaseza dos seus recursos hídricos.

As confederacións hidrográficas

As confederacións hidrográficas son entidades adscritas ao Ministerio de Medio Ambiente que teñen como función xestionar os recursos hídricos do territorio que se lles asignou.

Os recursos hídricos son importantes nas confederacións do Norte, Douro, Tajo e Ebro. Pola contra, mantêñen un precario equilibrio as do Guadiana, Xúcar, Pirineo Oriental e Canarias, e son claramente deficitarias as confederacións do Guadalquivir, Sur, Segura e Baleares. Por iso, as políticas hídricas están orientadas á obtención de auga. Cabe diferenciar entre a política de transvasamentos, a desalinización da auga do mar, a recuperación dos acuíferos e os plans de saneamento dos ríos.

As políticas de transvasamentos

A desigual distribución dos recursos hídricos presentou a posibilidade dunha política de transvasamentos, ao derivar auga dun río a outro. De feito, o abastecemento de cidades como Madrid, Barcelona e Bilbao depende de pequenos transvasamentos de augas.

Para levar a cabo grandes transvasamentos son necesarias obras que, en ocasións, atopan unha forte oposición. A condución de auga a gran distancia require custosos traballos de enxeñaría e de bombeo, e perdese moita auga por evaporación.

Doutra banda, a cesión de caudais dun río a outro pode producir cambios nos acuíferos.

A desalinización da auga do mar

Na actualidade, búscase satisfacer a demanda de auga das áreas deficitarias coa instalación de plantas desalinizadoras. Esta solución resulta custosa e o seu funcionamento consome moita enerxía. No entanto, a técnica para desalinizar a auga do mar está a realizar numerosos progresos. En España funcionan plantas desalinizadoras nas illas Canarias e en Almería.

A recuperación dos acuíferos

As augas subterráneas explótanse a partir da perforación de pozos e do bombeo de auga. Este aproveitamento foi moi intenso nas terras mediterráneas. A extracción de auga dos acuíferos non só fixo diminuír o seu nivel, senón que tamén provocou o desecamento total ou parcial de áreas lacustres e palustres.

Nas áreas litorais, o risco máis grave é a salinización da auga dos acuíferos. A falta de presión da auga doce rompe o equilibrio entre a presión que exerce esta e a auga do mar, que penetra nos acuíferos e provoca a salinización dos solos de cultivo e a perda da súa fertilidade.

A crecente urbanización da costa mediterránea, a agricultura e a gandaría intensiva favoreceron a filtración das augas residuais, xurros e produtos químicos que corromperon a calidade de moitas augas subterráneas. Para resolver estes problemas, propónse actualmente inxectar auga para recargar algúns acuíferos e proceder á depuración das augas que conteñen.

Os plans de saneamento dos ríos

En España aplícanse plans de saneamento dos ríos coa finalidade de reducir a progresiva deterioración da calidade das súas augas e acadar un bo estado ecolóxico. Estes plans supoñen un maior control sobre as verteduras industriais e urbanas, así como a instalación de colectores e plantas depuradoras de auga.

Un dos obxectivos do Plan Nacional de Calidade das Augas 2007-2015 é a restauración dos ríos españois co fin de devolverlles o seu estado natural: ríos, cursos de auga, regueiros e brañais.

Download

PDF Word HTML