Queixumes dos Pinos: Épica, Celtismo e Natureza na Poesía de Pondal

Greek3.03 KB

Queixumes dos Pinos

Trátase dunha obra composta por poemas de carácter épico e lírico na que destacan os seguintes elementos:

O celtismo

Na liña dos historiadores galegos coetáneos, Pondal defende a orixe celta de Galicia e propón construír, coa súa obra, unha épica céltica para o pobo galego. Dado que os restos do celtismo eran escasos no noso país, tomou a toponimia da Costa da Morte para nomear antigos guerreiros galegos, heroes dun pasado mítico, cuxas fazañas históricas han servir como exemplo de valor e afouteza cara a un sonado futuro glorioso.

O ossianismo

No século XVIII o poeta escocés James Macpherson deu a coñecer uns poemas recollidos da tradición oral en gaélico que foron atribuídos a un antigo bardo chamado Ossián. Estes poemas, que en realidade eran do propio Macpherson e que tiveron gran repercusión na cultura europea da época, servíronlle a Pondal como fonte de inspiración para recrear ese pasado ideal co obxectivo de fornecer ao pobo galego un pasado heroico no que verse reflectido.

A natureza

Pondal vía no panteísmo do pobo galego a principal herdanza dos celtas. Por iso, os diversos elementos da natureza cobran maior protagonismo.

A virilidade

Toda a obra pondaliana está presidida por unha épica militar que enxalza o forte e o enérxico, identificado co home, fronte ao débil e feble, personificado na muller. Esta consideración fixo que os estudosos tivesen dúas opinións contrapostas sobre a poética de Pondal.

Cantares Galegos

A publicación de Cantares Galegos o 17 de maio de 1863 constituíu un fito na historia de Galicia, pois inaugurou a literatura galega contemporánea. Cen anos despois instaurouse esa data como o Día das Letras Galegas. Este libro está formado por 36 poemas nos que unha voz poética, na maioría dos casos identificada cunha rapaza, desenvolve un cantar popular que aparece ao comezo ou ao final de cada poema. O uso da creatividade do pobo con finalidade culta (os cantares) e a identificación cos problemas que este sofre, xunto cun uso consciente da lingua galega, confírenlle a este libro un evidente carácter reivindicativo, algo que moitas veces foi obviado.

Neste libro de poemas encontramos as seguintes temáticas:

  • Costumista: son poemas de carácter descritivo e narrativo nos que se recrean estampas cotiás da vida labrega e crenzas relixiosas dominadas pola superstición e a resignación. Mais afástase dos tópicos ridiculizadores da época ao usar un ton desenfadado co que busca dignificar a maneira de vivir da xente do rural.
  • Amorosa: son poemas nos que se expoñen, desde o punto de vista popular, conflitos acontecidos entre namorados.
  • Intimista: poemas nos que emerxe a visión pesimista do amor, a dor ou a saudade da propia Rosalía.
  • Social: son poemas de defensa da xustiza social onde se denuncia a emigración, o caciquismo ou a miseria dos labregos.

Download

PDF Word HTML