Poesía Galega: Novoneyra, Manuel María, Ferreiro e as Xeracións Poéticas
Poesía galega contemporánea
Uxio Novoneyra
Uxio Novoneyra escribiu poemas paisaxísticos, onde se expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa bisbarra natal do Courel, á que pertencen obras como Os eidos ou Elexías do Courel e outros poemas (1985), e poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida nos libros Poemas caligráficos ou Do Courel a Compostela. Tamén escribiu poesía amorosa reunida no libro Muller pra lonxe. Os poemas de Novoneyra son case sempre composicións breves, de grande intensidade.
Manuel María
Manuel María é autor dunha obra amplísima e variada, con máis de 40 títulos. Escribiu inicialmente poemas de carácter intimista e desacougado, para logo facer poemas de crítica social e, finalmente, outros de carácter íntimo e amoroso. Entre os seus libros destacan Terra chá, Poemas pra construír unha patria e A primavera de Venus.
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
- Liña social: solidaria cos oprimidos de calquera latitude e denunciadora dos males sociais: o fascismo, a deshumanización, a emigración, a inxustiza. É unha poesía que se ergue en protesta contra a inxustiza e incluso se fai revolucionaria.
- Liña intimista: manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou o amor.
- Liña irónica: fortemente corrosiva e crítica, que se pode observar en libros como Cantigas de escarnio e maldicir ou nos Antipoemas. Denuncia a mesquindade humana cun ton acedo, cheo de humor sarcástico.
Xeración dos 80
Aparición de colectivos poéticos, os máis salientables foron: Rompente, Cravo Fondo e De Amor e Desamor.
Nesta época, grazas á aparición de revistas poéticas, convocatorias de premios literarios e a creación de editoriais, deron a coñecer a moitos autores novos: Xavier Baixeras, Xavier Seoane, Ramiro Fonte, Manuel Forcadela, Ana Romaní, Manuel Rivas, Lois Pereiro...
Estes autores teñen en común o seguinte:
- Culturalismo e interculturalismo
- Temáticas predominantes: erotismo e sensualidade
- Teñen un gran rigor no uso da lingua poética
- Acostuman coidar a métrica e a estrofa
Anos 90
Nesta época coñecéronse novas voces que se agruparon e formaron colectivos como: Ronseltz, Batallón Literario da Costa da Morte e Sete Naos, que tiveron moita repercusión polos numerosos recitais que realizaban nos máis diferentes espazos.
Destaca a aparición de moitas voces femininas como poden ser: Olga Novo, Yolanda Castaño, Lupe Gómez...
Teñen estes trazos en común (todos):
- Linguaxe directa e coloquial
- Verso libre
- Crean unha poesía máis próxima á vida cotiá
- Aparece a sexualidade explicitamente
- Incorporan o ludismo
- Comprométense con causas como o ecoloxismo, o antimilitarismo ou o feminismo