Movemento Obreiro en España: Anarquismo, Socialismo e Loita de Clases

Greek1.69 KB

Na nova sociedade de clases, a conflitividade social foi moi importante, dando lugar ao nacemento de organizacións que loitaron para conseguir melloras salariais e laborais para a clase traballadora. O desenvolvemento da industrialización, así como as transformacións no réxime de propiedade e de explotación agraria, produciron un endurecemento das condicións de vida da clase traballadora.

Obreiros e traballadores industriais e do campo foron organizándose progresivamente e empregando medidas de forza e de presión para reivindicar o que nin os patróns nin as leis lles concedían de bo grado. Para logralo, asociáronse, primeiro en organizacións de defensa dos intereses puramente laborais (mellora dos salarios, redución da xornada, seguridade no traballo...).

Primeiras formas de protesta e organización

Tras as primeiras formas de protesta (ludismo e sociedades de resistencia e sindicatos de oficio), chegouse ás formas de organización máis globais, coincidindo cos períodos a comentar (Sexenio Democrático e Restauración).

Novas ideoloxías: anarquismo e socialismo marxista

A partir da segunda metade do século XIX apareceron novas ideoloxías que tiveron unha fonda repercusión nos movementos sociais, especialmente relacionados coas organizacións de proletarios: anarquismo e socialismo marxista.

Documento 1: o ideario anarquista

No documento 1 aparece o ideario anarquista. Este foi introducido en España a partir de 1868 por Giuseppe Fanelli. Tivo unha gran influencia no movemento obreiro, especialmente en Cataluña, Levante e Andalucía. Neste documento apreciamos o obxectivo da

Download

PDF Word HTML