Literatura galega na posguerra: autores e obras clave
Como consecuencia da guerra civil, a literatura galega deixa de existir como manifestación pública durante máis dun decenio. O centro da actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os nosos escritores exiliados manteñen o facho da cultura galega.
No 1947 comeza a recuperación coa publicación do 1º libro de poesía ata a constitución, en 1950, da Editorial Galaxia. En varias coleccións conviven xeracións diferentes que comezan a publicar nun primeiro momento poesía e un pouco máis tarde prosa:
Escríbense no exilio a maioría das novelas que relatan vivencias persoais da guerra e a represión, que serán publicadas xa na democracia.
1. Liñas da narrativa galega de posguerra
- Liña de continuación da prosa da Xeración Nós, pertencente á Xeración do 36 e autor da primeira novela de posguerra (1951), A xente da Barreira, que narra a vida de varias xeracións dunha familia fidalga.
- Realismo fantástico, representado pola obra de Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha literatura que mestura elementos culturalistas de orixe árabe, greco-latina ou nórdica con recursos provenientes do mundo popular, de xeito que consegue ligar o máis profundo da nosa imaxinación colectiva a temas literarios de carácter clásico.
- Realismo popular, representado por Anxel Fole. O popular ascende á categoría de culto a través dun texto que nunca se afasta do relato oral, da xeografía luguesa e da lingua dialectal. Non hai presenza de cultura libresca.
- Realismo social, representado por Eduardo Blanco Amor. Situadas no Ourense de principios do s. XX, plasman a vida das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen.
- Realismo rural, representado por Xosé Neira Vilas, coñecedor de primeira man das penurias da vida labrega, non exento de denuncia.
- Ao mesmo tempo nacerá a Nova Narrativa Galega da man dos autores máis novos, como Casares, cunha prosa totalmente diferente e moderna.
I. Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981)
Poeta antes da guerra, foi despois autor de éxito en prosa.
Características
- Mestura realismo e fantasía: personaxes da literatura universal comparten con xentes do pobo galego vivencias e preocupacións.
- Predominio da oralidade no estilo: de neno escoitou moitos contos de boca da nai e na botica do pai, o que influíu no seu gusto pola maneira tradicional de contar.
- Tendencia á disgregación da novela: non hai unha estrutura clásica senón unha técnica de relato dentro do relato, ou relatos sucesivos cun débil fío argumental. É representativa Merlín e familia (1955), a súa primeira obra narrativa en galego, recreación da materia de Bretaña desde a particularidade dunha perspectiva galega.
Escribiu tamén libros de semblanzas.
II. Anxel Fole (Lugo, 1903 - 1986)
Despois da guerra viviu nas montañas de Lugo dando clases particulares. A súa obra está formada case exclusivamente por libros de contos ambientados nesas montañas de Lugo e escritos coa lingua que alí se fala. Seguen a técnica dos contos populares e tradicionais, que se contaban antes "á luz do candil" entre varias persoas. Tamén os temas seguen esa tradición oral.
III. Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979)
Toda a súa narrativa se desenvolve en Ourense (el chama Auria), no ambiente que el vivira de neno. Debemos destacar as súas dúas novelas, que a crítica considera entre as mellores de toda a nosa literatura:
- A esmorga (1959) participa da renovación na narrativa galega da época, tanto na temática como na forma. É a declaración perante un xuíz dun acusado que relata a historia tráxica del e de dous compañeiros, todos homes marxinais, en 24 horas de bebedela, que acabará coa morte de todos.
- Xente ao lonxe (1972) é unha radiografía do Ourense de principios de século a través da experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organizacións de carácter obreiro e sindical, que loitan por unha escola laica e popular fronte á burguesía que pretende unha escola relixiosa. É en certa medida a antítese de A esmorga. Técnica e temáticamente é a máis complexa, pois ten un enfoque polifónico, de perspectiva múltiple, ao mesturar diferentes narradores. O principal é Suso, neno de 12 anos que vai madurando ao longo da obra. No tema mestura a historia da familia de Suso, o nacemento do sindicalismo en Auria e numerosas historias secundarias.
IV. Xosé Neira Vilas (Gres, 1928)
Está moi afastado dos autores da NNG. Podemos clasificar a súa obra en torno a dous focos:
- Galicia interior: plasman a sociedade campesiña, marcada pola opresión e pola pobreza económica, cultural e ideolóxica. Os personaxes semellan incapaces de escapar dese mundo atrasado onde impera a dominación política e relixiosa nun clima de sometemento e resignación. Unhas teñen protagonismo infantil e outras protagonismo adulto. A máis sobresaliente é Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis lido da literatura galega e traducido a moitas linguas. Trátase dunha novela de estrutura sinxela, en boca dun neno que non se conforma con esa vida e se ve obrigado a emigrar.
- Galicia emigrante: mostran os problemas xerados pola emigración forzosa: a morriña da terra, o illamento e as dificultades de adaptación ao mundo urbano, a loita por saír da miseria. Historias de emigrantes (1968).
Tamén escribiu literatura infantil, como Espantallo amigo (1971), entre outros, e ensaios.
En 1971 Xosé Filgueira Valverde, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, publica o libro de narracións Quintana viva.