Lirismo Medieval e Xéneros Literarios Galego-Portugueses
Terminoloxía da Lírica Medieval
Trobador: membro da nobreza que compón cantigas como ocupación no seu tempo de lecer.
Xograr: interpretan as composicións dos trobadores.
Soldadeira: mulleres que participaban como membro trobadoresco con cánticos e bailes.
Transmisión do Lirismo Medieval: Os Cancioneiros
Coñecemos 1.679 cantigas profanas compostas por uns 161 trobadores e xograres que chegan a nós a partires dos cancioneiros, follas soltas e fragmentos. De entre eles destacan tres códices:
- Cancioneiro da Ajuda (A): consérvase en Lisboa, escrito a finais do século XIII ou comezos do XIV, e contén 310 cantigas (case todas de amor) realizadas por 38 poetas diferentes.
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B): consérvase en Lisboa, pero é un códice copiado en Italia no século XVI sobre un orixinal perdido. Contén unhas 1.700 composicións de todos os xéneros.
- Cancioneiro da Vaticana (C): orixe en Italia e gardado na Biblioteca do Vaticano. É unha copia do século XVI sobre un orixinal perdido. Contén unhas 1.200 composicións parecidas ás de B.
- De entre as cantigas destacan o Pergamiño Vindel (século XIV, gardado en Nova York, chega a través de A, B e V) e o Pergamiño Sharrer (fins do século XII e comezos do XIV, gardado en Lisboa, chega a través de B e V).
As Linguas Romances e o Galego-Portugués
Os conceptos destas linguas entendidos como hoxe o facemos non existían na Idade Media. Nesta etapa, a diferenza encontrábase entre o latín e o romance. Creada ao norte e o sur do río Miño, de aí o seu nome. A lingua empregada nas cantigas é o resultado da evolución do latín vulgar falado.
A Cantiga de Amigo
Características esenciais deste xénero:
- O autor é un home, mais a voz narrativa sempre é a dunha muller. Refire os seus sentimentos cara ao namorado, polo que o destinatario é o amigo.
- Desenvolvese nun ambiente rural cun carácter culto de influxo popular.
- Pode tratar un dos seguintes temas: a ausencia do amado e a alegría ou tormento de amor.
- Utiliza recursos como o leixaprén (último verso e primeiro da 3ª estrofa) e o paralelismo (repetición literal ou estrutural). É unha cantiga de refrán e ten estrofas e versos curtos. A súa rima pode ser macho (aguda) ou femia (grave).
A Cantiga de Amor
Características esenciais deste xénero:
- O autor e a voz poética sempre son dun home. A gran protagonista deste xénero é a dama, polo que o destinatario é a senhor.
- Desenvolvese nun ambiente cortés cun carácter culto de influxo provenzal (cansó).
- Pode tratar un dos seguintes temas: o eloxio da dama, a declaración de amor e a reserva da dama ou coita de amor.
- Utiliza recursos como o dobre, o mordobre e a finda. É unha cantiga de refrán ou mestría e ten estrofas e versos longos. A súa rima pode ser macho (aguda) ou femia (grave).
A Cantiga de Escarnio ou Maldicir
Características esenciais deste xénero:
Presenta unha gran diversidade temática e tonal. O trobador burlesco é tan convencional como o da cantiga de amigo e de amor, de aí que as bromas dos xograres obedezan a un código establecido. A primeira estrofa cóntanos unha historia que se repetirá nas demais estrofas con algunhas variacións. O seu esquema é o seguinte: enunciación, paralelismo narrativo coa primeira estrofa e glosa irónica. Os seus elementos máis comúns son a ironía, a parodia e o equívoco. Usan un léxico explícito cando se falaba de sexo. Tiñan unha intencionalidade e ton xocosos que reflicten a moralidade da época. Empregaban a diloxía e levaban adiante a burla mediante unha linguaxe directa e explícita.
Xéneros Menores
- Lais: cantiga que fai referencia ao mundo do rei Arturo e os seus cabaleiros.
- Pranto: cantiga que expresa dor pola perda ou desgraza dunha causa.
- Cantiga de seguir: composición na cal se parte dun texto orixinal ao que se parodia.
- Tezón: subxénero satírico de carácter dialogado elaborado por dous autores.
A Pastorela
Segue a seguinte estrutura:
Un cabaleiro atopa a unha pastora mentres cabalga ou camiña polo campo, pola cal é seducido e namorado, solicitándolle o seu amor. Seguidamente teñen un diálogo e a pastora acepta ou non a proposta deste.
As Cantigas de Santa María
- A finalidade destas cantigas consiste en fomentar o culto á Virxe a través do relato das súas intervencións marabillosas. Relata acontecementos que propicia a Virxe, ou aparecen como verdadeiros cantares de loor, isto é, de loanza, de honra...
- Na actualidade estas cantigas son coñecidas a través de catro códices:
- Códice (T) do Escorial: contén 193 composicións, acompañadas de notación musical e miniaturas.
- Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): contén 104 cantigas; a obra está incompleta e faltan notas musicais.
- Códice (E) do Escorial: chamado códice dos músicos.
- Códice de Toledo (To): contén 128 cantigas.
- Fontes: As cantigas incorporan un amplo conxunto de lendas e tradicións.
- Mariais latinos medievais.
- Coleccións marianas en linguas romances.
- Coleccións de santuarios peninsulares.
- Coleccións locais estranxeiras.
- Consellas orais.
- Cantigas narrativas: Relatos onde o protagonista aparece en debate co pecado ou diante dun perigo inminente. A cantiga sempre finaliza con loanzas cara a Santa María por resolver a conxuntura.
- Introdución acerca do milagre
- Relato do milagre
- Conclusión moral
- Cantigas líricas: Estas cantigas seguen dúas vías; o modelo das cantigas de amor e outro que provén da liturxia.
- Temática:
- Milagres que exaltan a figura de María como auxiliadora dos seus devotos.
- Milagres que critican pecados e costumes deshonestos.
- Milagres a prol de santuarios marianos.
- Cantigas que fan mención ás festas dedicadas a María.
- Cantigas arredor dos misterios sobre o cristianismo.
A Prosa Medieval
Prosa non ficcional:
- Prosa tabeliónica: de carácter notarial, facilítanos os primeiros testemuños escritos integramente en galego-portugués.
- Prosa histórica: importante aspecto sociohistórico e sociolingüístico, primeiros textos en latín e logo en galego-portugués, coma a Crónica General e a Corónica de Santa María de Iria.
- Prosa didáctica: fragmentos de traducións como o Tratado de Albeitaría.
Prosa ficcional:
- A Materia de Bretaña: tivo moita influencia posterior, narracións sobre o rei Arturo e os cabaleiros da Mesa Redonda (O Libro de Xosé de Arimatea, Demanda do Santo Graal, Libro de Merlín e Libro de Tristán).
- Materia de Troia: trata sobre a guerra de Troia (Crónica Troiana e Historia Troiana).
- Haxioloxía: son narracións dos milagres levados a cabo por santos (Miragres de Santiago, que é unha tradución do Códice Calixtino).