La Primera Guerra Mundial: Causas, Desarrollo y Consecuencias

Greek5.04 KB

A Guerra Mundial

*Canciller alemán

*Idea alianzas entre Alemania, Austria, Rusia e Italia.

Co obxectivo: illar a Francia e manter o equilibrio nos Balcáns.

*Para lograr estes obxectivos, Alemania chega a acordos con outras potencias (Dúplice Alianza con Austria-Hungría; Entente dos Tres Emperadores, co Imperio austro-húngaro e o Imperio ruso).

*A morte de Guillerme I sube ao trono Guillerme II, partidario dunha política máis agresiva en Europa e de potenciar a expansión colonial alemá.

*Bismarck non está de acordo e dimite.

*Inícase así un novo período nas relacións internacionais chamado Paz Armada (período de relacións internacionais).

Características da Paz Armada:

  • As potencias europeas agrúpanse en dous bloques militares: Triple Alianza (Alemania, Austria, Italia) e Triple Entente (Francia, Rusia, Reino Unido).
  • Inicia unha carreira de armamentos: os países incrementaron o tamaño dos seus exércitos e fabrícanse novas armas: submarinos, cazas e cañóns.

Verán de 1914

*En xuño de 1914, o herdeiro do Imperio austro-húngaro, o arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa foron asasinados durante unha visita oficial a Bosnia.

*O asasino foi un bosnio proserbio que formaba parte dunha organización chamada Man Negra, que pretendía crear unha Serbia fóra do dominio austríaco.

*Austria, apoiada por Alemania, dá un ultimátum a Serbia e ameaza coa guerra se non permite investigar este asasinato.

*Serbia, apoiada por Rusia, rexeita este ultimátum. Entón o Imperio austro-húngaro lle declara a guerra a Serbia.

*Rusia inicia mobilizacións apoiando a Serbia. Alemania esíxelle que deixe o apoio a Serbia e, como Rusia non dá resposta, Alemania lle declara a guerra a Rusia e despois a Francia.

*O Reino Unido lle declara a guerra a Alemania.

*Italia non apoia nin a Austria nin a Alemania, co cal se rompe a Triple Alianza.


O desenvolvemento da guerra

*Desde 1914 ata 1918.

*Dous bandos: Imperios centrais (Alemania, Imperio austro-húngaro, Imperio otomán e Bulgaria) fronte á Triple Entente (Rusia, Francia, Reino Unido, Italia, Romanía, Grecia, etc.).

*Trincheiras: batalla de Verdún (os alemáns atacaron) e batalla do Somme (os británicos atacaron).

*1917: Rusia retirouse do conflito polo estalido da Revolución rusa. EEUU entra na guerra a favor dos aliados.

*1918: os alemáns asinan a paz con Rusia, mediante o Tratado de Brest-Litovsk, e dirixen a súa ofensiva ao oeste. Francia responde atacando todas as fronteiras con carros de combate e avións. Os Imperios centrais non poden resistir estes combates e rendéronse: primeiro Turquía, despois Austria e finalmente Alemania.

*11 de novembro de 1918: asinouse o armisticio entre Alemania e os aliados. Remata a guerra.

*Países neutrais: España, Marrocos español, Suíza, Países Baixos, Dinamarca, Suecia e Noruega.

*Principais frontes: o fronte occidental (Somme, Verdún, Marrocos), o fronte oriental (Tannenberg) e o fronte mediterráneo.


As consecuencias da Primeira Guerra Mundial

Grandes perdas demográficas e materiais:

  • Máis de 8 millóns de mortos e máis de 9 millóns de feridos. O país máis afectado foi Alemania.
  • As perdas materiais foron menos significativas que as humanas. Os países máis afectados foron Bélxica, Francia e o norte de Italia: a destrución afectou a terreos agrícolas, minas e núcleos de poboación.
  • Para sufragar os gastos da guerra, moitos países pediron préstamos a outros, sobre todo a EEUU. Todos os países quedaron endebedados.

A Paz de París

Conxunto de todos os tratados asinados polos países vencidos:

  • Tratado de Versalles: asinado con Alemania.
  • Tratado de Saint-Germain: asinado con Austria.
  • Tratado de Trianón: asinado con Hungría.
  • Tratado de Sèvres: asinado con Turquía.
  • Tratado de Neuilly: asinado con Bulgaria.

Conferencia de París:

  • 27 países, sen incluír aos vencidos.
  • As principais decisións foron tomadas polo Reino Unido, Francia, Italia e EEUU.

Obxectivos da Paz de París:

  • Impedir o resurdimento de Alemania como gran potencia.
  • Conseguir un equilibrio de poderes entre os vencedores.
  • Manter illada a Rusia.

Na Conferencia de París creouse a Sociedade de Nacións, unha organización internacional baseada nos catorce puntos expostos polo presidente dos EEUU, Wilson, para lograr unha paz xusta e resolver os conflitos entre os países mediante negociacións.

Download

PDF Word HTML