Indución, Dedución, Esencia e Petición de Principio: Conceptos Clave da Filosofía

Greek2.58 KB

Aclarar en que consiste e cales son os procesos consecutivos de toda explicación.

Unha explicación consiste en derivar unha realidade (ou unha tese acerca dunha realidade) a partir do principio que a fundamenta. En toda explicación dá-se un dobre proceso ou movemento:

  • O que vai da experiencia directa das cousas inmediatamente presentes cara ao descubrimento do principio que as determina, facendo posible a súa presenza e tal experiencia.
  • O que regresa desde o recoñecemento ou comprensión do principio até as cousas inmediatamente presentes determinadas por el.

Ao primeiro chámase indución e ao segundo dedución.

Na indución trátase de reconducir ou remitir unha pluralidade e diversidade de cousas singulares e cambiantes á unidade do principio xeral inmutable que as rexe.

Coa dedución trátase de derivar ou reconstruír a diversidade de cousas singulares e cambiantes que se nos dan na experiencia a partir da unidade orixinaria xeral e inmutable da que proceden.

Aclarar o sentido da noción de esencia especificando a súa dobre función

A esencia é o fundamento que determina tanto o modo de ser específico dunha cousa, é dicir, as características que posúe por pertencer a unha determinada especie, como o coñecemento que podemos ter dela.

A esencia ten unha función ontolóxica e outra función epistemolóxica.

  • Función ontolóxica: consiste en delimitar a natureza dunha cousa, é dicir, os límites dentro dos que acontece. Non é a causa desta, senón a causa das condicións para que esta existencia se produza.
  • Función epistemolóxica: consiste en que nos proporciona un criterio de clasificación que nos permite recoñecer a un individuo ou exemplar dunha determinada especie.

Aclarar en que consiste o erro argumental chamado petición de principio ou círculo vicioso.

Consiste en utilizar como fundamento dunha demostración aquilo que esa demostración se propón probar e que, por isto, está aínda en cuestión.

É dicir, consiste en dar por verdadeiro, no curso dun argumento, aquilo que ese argumento se propón demostrar, baseando o desenvolvemento dese argumento en tal dato.

Este problema resulta inevitable porque en calquera explicación que unha ciencia particular realice, interveñen necesariamente os postulados propios desa ciencia (debido a que os postulados son as leis máis xerais desa ciencia).

Download

PDF Word HTML