Historia Medieval de España: Suevos, Visigodos y Al-Andalus
Preguntas de Historia Medieval
Onde estableceron os suevos a capital do seu reino? Cal foi a súa fin?
Estableceron a súa capital en Bracara Augusta. O rei visigodo conquistou o reino suevo.
Como estaba organizada a monarquía visigoda?
Había un rei que era electivo, elixido polos nobres; co tempo fíxose hereditario. Non obstante, os nobres tiñan moito poder, a monarquía era débil e os bispos tiñan unha función dominante, podendo facer as leis de acordo co rei.
Tema 2: A Conquista Musulmá e a Reconquista
Que razóns explican a rápida conquista da Península realizada polos musulmáns?
A vitoria dos musulmáns contra a nobreza visigoda no río Guadalete e os enfrontamentos e divisións internas da nobreza visigoda. Os nobres visigodos pactaron cos musulmáns a súa rendición.
Que grupos se diferenciaban entre os conquistadores musulmáns e onde se asentaron?
- Os árabes: ocuparon os vales ricos do sur e do leste.
- Os bérberes: ocuparon as terras máis pobres da meseta e do norte.
A que se denomina Marca Hispánica? Que unidades políticas xurdiron no seu territorio?
É o territorio na zona dos Pirineos que conseguiron dominar Carlomagno e o seu fillo Luís o Piadoso. Estaba formado polos condados de Pamplona, Aragón, Sobrarbe, Ribagorza, Pallars, Urxel, Cerdeña, Besalú, Ampúries, Vic, Xirona e Barcelona.
Del mesmo xeito, xurdiron o reino de Navarra, Aragón, Pamplona e os condados cataláns, dos cales o máis importante era o condado de Barcelona.
A que se denomina Reconquista? Onde se iniciou?
A recuperación das terras que antes pertenceran á monarquía visigoda e que conquistaran os musulmáns. Iniciouse en Asturias.
A que se denomina presura?
Unha forma de repoboación onde se ocupaban terras ao principio da reconquista; o rei as concedía ou ben despois as recoñecía, cando xa estiveran asentadas.
Que razóns explican a desaparición do califato de Córdoba?
- Tras a morte de al-Mansur (1002) a finais do século X, as tensións entre os distintos grupos étnicos musulmáns provocaron unha longa guerra civil que rematou coa desaparición do Califato de Córdoba e coa formación de taifas.
Foi intensa e uniforme a presenza musulmá en Galicia?
- Non, a presenza musulmá en Galicia foi escasa e as transformacións orixinadas superficiais. Unicamente se asentaron na zona sur.
Que foron as taifas? Cales foron as causas da súa formación? En que períodos se desenvolveron?
- As taifas foron pequenos reinos independentes que estaban enfrontados entre si.
- Formáronse a partir da desaparición do Califato de Córdoba, despois da guerra civil causada pola morte de Almanzor.
- Desenvolvéronse dende o 1031 ata o 1492.
Que entidades políticas cristiás naceron no século XI?
O reino de Aragón e o reino de Castela.
Que consecuencias tivo a chegada dos almorábides á península?
Os almorábides, chamados polos reis taifas de al-Ándalus, derrotaron aos cristiáns, detiveron a reconquista e fóronse anexionando diferentes taifas.
Que factores favoreceron a expansión cristiá no século XII?
O carácter de cruzada e a división dos musulmáns en taifas.
Que forzas formaron a coalición cristiá que venceu os musulmáns nas Navas de Tolosa?
Tropas cristiás (castelás, aragonesas, navarras e portuguesas) dirixidas polo rei de Castela.