Historia del Teatro Gallego: Del Siglo XIX a la Actualidad

Spanish4.73 KB

Séculos escuros

A literatura galega foi case exclusivamente oral, popular e anónima, desaparecendo a maior parte. O teatro popular estaba formado por farsas e entremeses cómicos, burlescos e «picantes» anónimos, que se representaban coincidindo con certas festividades. Un exemplo é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de Gabriel Feixó de Araúxo.

Rexurdimento (século XIX)

Obras que combinan galego e castelán en clave satírica e coa finalidade de ridiculizar, diante dun público de clase media ou alta, aos labregos. Non hai teatro culto en galego ata finais do século. En 1903 xorde a Escola Rexional de Declamación.

Correntes

  • Teatro histórico
  • Teatro costumista e sentimental
  • Teatro social e anticaciquil
  • Teatro lírico (zarzuelas, operetas)

As Irmandades da Fala

O teatro era, para as Irmandades da Fala, un ámbito onde o galego debía gañar a batalla do prestixio social, xa que podía servir como medio para a propaganda das ideas galeguistas. Nun comezo foi complicado pola falta de persoal, pero a partir de 1916 escribíronse obras e crearonse grupos que supuxeron unha gran mellora.

Renovadores

Antón Villar Ponte («A patria do labrego», «Almas mortas») e Ramón Cabanillas («O mariscal»).

Posición intermedia

Armando Cotarelo Valledor («Hostia!», «Trebón»).

Conservadores

Xesús San Luís Romero («O fidalgo»).

Grupo Nós

Coetáneo das Irmandades da Fala, xurdiu coa publicación da revista Nós. Ramón Otero Pedrayo («Teatro de máscaras») e Castelao («Os vellos non deben namorarse»).

Vangardas renovadoras do teatro en Galicia

Dramaturgos na posguerra, no exilio e na propia Galicia baixo o franquismo: Rafael Dieste («A fiestra valdeira»), Eduardo Blanco Amor («Farsa para títeres»), Álvaro Cunqueiro («Rúa 26») e Luís Seoane («A soldadeira»).

Teatro da xeración dos 50

Desenvolveuse na ditadura franquista, polo que a representación das pezas era case imposible, e quedaron como «teatro para ler». Manuel María («Auto do labrego»), Méndez Ferrín («Celtas sen filtro») e Mª Xosé Queizán («A cartuxeira»).

Teatro independente e Mostra de Ribadavia

Teatro independente: conxunto de grupos que, a partir de 1965, cumpriron unha importante función de axitación cultural e política antifranquista, apostando polo uso do galego.

En 1973, a Agrupación Cultural Abrente (presidida por Ernesto Chao e vinculada aos círculos antifranquistas e nacionalistas de esquerda) convocou a Primeira Mostra e o Primeiro Certame Abrente de Teatro Galego, convertendo Ribadavia no punto de encontro para os interesados no mundo do teatro galego.

En 1978 nace a Escola Dramática Galega en A Coruña. En 1984 aparece o CDG.

Autores

Manuel Lourenzo («Veladas indecentes») e Roberto Vidal Bolaño («Laudamuco, señor de ningures»).

Panorama do teatro galego actual

  • 1ª fase, formación de compañías profesionais: grupos xurdidos ao calor das Mostras de Ribadavia, como Sarabela Teatro.
  • 2ª fase, profesionalización e institucionalización: nos anos 80 aparecen novas compañías profesionais (Matarile, Chévere, Teatro do Aquí). Créase o CDG e o IGAEM (logo absorbido pola axencia AGADIC). Comezan a funcionar os primeiros circuítos patrocinados pola Consellería de Cultura.
  • 3ª fase, consolidación do sistema teatral: novas compañías (Talía, Ollomoltranvía) que comparten espazo con outras de teatro emerxente, alternativo ou experimental e con numerosos grupos amateur. Rede Galega de Teatros e Auditorios, festivais e mostras de teatro, e aperturas de novas salas privadas (NASA (Chévere), Galán (Matarile)).
  • 4ª fase, crise do sistema teatral galego: azoutado pola crise económica e polo desapego da Administración autonómica (recortes, paralización da AGADIC e do CDG…), pecháronse salas privadas e desapareceron compañías.

Xeración post-Abrente

  • Quico Cadaval: contacontos e director teatral. «Códice clandestino».
  • Cándido Pazó: director, actor, guionista e dramaturgo. «A Piragua» (Premio María Casares 2008). Tamén realizou adaptacións teatrais.
  • Outros: Inma Souto, Raúl Dans, Ana Vallés…

Download

PDF Word HTML