Historia da Península: Romanización, Visigodos e Al-Ándalus

Greek3.21 KB

Conquista e Romanización

A conquista da península fíxose por razóns estratéxicas, económicas e agrícolas.

Etapas principais

  • Conquista do leste e sur peninsular: O inicio da conquista estivo marcado pola Segunda Guerra Púnica.
  • Conquista do centro e occidente: Nesta fase os romanos atoparon moita resistencia nativa con longas e custosas guerras: guerras lusitanas e celtibéricas.
  • Sometemento dos pobos do norte: En tempos de Octavio Augusto. A guerra de guerrillas e o heroísmo nativo puxéronlles as cousas moi difíciles aos romanos.

A romanización foi a introdución en Hispania dos elementos sociais, políticos, económicos e culturais romanos. Os romanos deron moita importancia ao dereito e á administración, xa que eran un pobo práctico e que lle gustaba organizarse ben.

Instrumentos da romanización

Para lograr a romanización servíronse de varios instrumentos:

  • División do territorio en provincias.
  • Fundáronse moitas cidades, e cando estaban completamente romanizadas obtiñan o status de municipia de dereito romano.
  • O exército.
  • Unha ampla rede viaria.
  • Mostras da romanización cultural foron a utilización do latín e o dereito romano.

A Monarquía Visigoda

A presenza visigoda na Península Ibérica comeza no século V por encargo de Roma para someter aos bárbaros entrados en Hispania no 409. Ao caer o Imperio Romano de Occidente, os visigodos establecen o seu reino na Galia, pero a derrota de Vouillé fronte aos francos fai que se espallen pola Península Ibérica e sitúen a súa capital en Toledo. O reino estableceuse como estado con Leovixildo á cabeza e logo tomou a súa forma definitiva nos Concilios de Toledo.

  • Consolidación do territorio ben definido.
  • Unidade xurídica e relixiosa das comunidades visigoda e hispanorromana.
  • Reforzamento do poder real.
  • A administración.

Tema 2: Historia Medieval

Os musulmáns na Península Ibérica

Evolución política

No ano 711 os musulmáns, aproveitando unha crise interna visigoda, entran na península e invádena sen dificultade.

A Península Ibérica pasou a ser unha provincia máis do Califato Omeia de Damasco co nome de Al-Ándalus. Esta situación cambiou cando, tras a revolución abasí, un Omeia refuxiouse en Al-Ándalus e proclamouse emir co nome de Abd al-Rahman I, rematando así co Emirato dependente. A etapa do Emirato Independente foi de gran inestabilidade, polos conflitos internos e polo avance dos cristiáns do norte.

Despois de derrotar a todos os rebeldes e aos cristiáns, Abd al-Rahman III proclámase califa. O Califato de Córdoba foi o período máis brillante. Sucedéronse dirixentes que interviñeron no norte de África e ameazaron a existencia dos pequenos reinos cristiáns do norte. O poder dos califas era absoluto. Finalmente, o califato fragmentouse en pequenos reinos inestables politicamente e enfrontados entre eles, os reinos de taifas, o que supuxo o debilitamento de Al-Ándalus.

Download

PDF Word HTML