Historia da Lingua Galega: Oficialidade e Normalización

Employment training and career guidance2.37 KB

Historia e recoñecemento oficial do galego

No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde, as Cortes democráticas aprobaron a Constitución. Establécese nela a cooficialidade do galego e do castelán en Galicia. O recoñecemento oficial prodúcese no ano 1981, no Estatuto de Autonomía. No ano 1983 entrou en vigor a Lei de Normalización Lingüística. O galego convértese na língua oficial da administración autonómica: da Xunta de Galicia, de todas as súas Delegacións e do Parlamento.

O ensino do galego

O seu ensino é obrigatorio nos niveis de ensino Primario e Secundario, onde se establece tamén que polo menos dúas materias máis deberán ser impartidas en galego. En setembro de 2004, o Parlamento aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

No curso 2007-08 entra en vigor o decreto que establece que en Primaria e ESO polo menos o 50% das materias sexan en galego, pero xorden voces protestando porque en Galicia xa non se pode estudar en castelán, discriminado fronte ao galego. Na primavera de 2010 acaba de ser aprobado un novo decreto que reduce a presenza do galego ata un máximo do 50% e pretende introducir como língua vehicular o inglés.

Presenza do galego en outras institucións

Noutras administracións e institucións, o galego está case ausente. No ámbito da administración do Estado e da xudicial, a Igrexa Católica permite o seu uso nas misas, pero a súa xerarquía prescinde practicamente do seu uso.

O galego no século XXI e en internet

Neste século XXI temos que ter en conta o seu uso na internet. Hai moitas webs, foros e chats nos que é frecuente o galego. Temos o OpenOffice e outros programas en galego, ademais de correctores ortográficos gratuítos para case todos os idiomas.

Situación cuantitativa e falantes

Tocante ao plano cuantitativo, a realidade é cada vez máis negativa: a perda do número de falantes segue acelerándose. Ata hai pouco tempo era a língua exclusiva no ámbito rural, pero xa non o é. Nas pequenas e grandes vilas, así como nas cidades, cada vez é máis minoritaria.

A norma escrita e o galego estándar

Na busca da norma escrita, estamos na fase do galego estándar, no que se van eliminando dialectalismos, arcaísmos e hiperenxebrismos e se vai adaptando a nova situación social.

Download

PDF Word HTML