Glossario de Termos Xeográficos e Ambientais
Enerxías renovables
Son aquelas que se investigan para substituír as enerxías tradicionais por razóns da súa menor contaminación.
Esperanza de vida
Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir no momento de nacer.
Estatuto de autonomía
Norma institucional básica en España dunha Comunidade ou Cidade Autónoma.
Esteiro
Extensión mariña próxima á desembocadura dun río, onde se produce a interacción do mar e do río (por exemplo, o río Miño).
Estiaxe
Nivel máis baixo que as augas dun río teñen ó longo dun ano.
Explotación intensiva
Explotación agraria na que se obteñen uns elevados rendementos por unidade de superficie grazas a un forte investimento de capital e traballo.
Fondos estruturais
Fondos comunitarios que teñen como obxectivo corrixir as desigualdades de desenvolvemento entre as distintas rexións europeas.
Foz
Corte profundo ou val transversal e estreito feito por un río.
Franquicia
Concesión de dereitos de explotación dun produto, actividade ou nome comercial.
Industrias verdes
Tipo de industria que intenta non contaminar nos procesos de produción, distribución e consumo.
Inversión térmica
Aumento da temperatura ó ascender en altura, cando debería descender en condicións normais.
Isóbara
Liña imaxinaria que une nun mapa os puntos que teñen a mesma presión atmosférica sobre o nivel do mar.
Isohieta
Liña imaxinaria que une puntos que presentan unha mesma precipitación media anual.
Landa
Formacións vexetais nas que destaca a familia das ericáceas e das leguminosas.
Laurisilva
Paisaxe vexetal. Trátase dun tipo de bosque nuboso subtropical ou selva alta.
Litosfera
Codia terrestre formada por placas en continuo movemento responsables dunha parte das modificacións na superficie terrestre.
Maquis
Matorreira baixa de arbustos e matas aromáticas propios do clima mediterráneo.
Marisma
Terreo lixeiramente deprimido con respecto ó nivel do mar que resulta asolagado pola subida da marea.
Materias primas estratéxicas
Aquelas que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundiais, claves por razóns políticas para a economía mundial.
Meseta
Superficie chan de importante extensión elevada con respecto ó nivel do mar.
Municipio
Unidade territorial administrativa básica rexida por un concello elixido democraticamente.
Obxectivos do Milenio
Son os oito obxectivos sobre o desenvolvemento humano que a ONU acordou no ano 2000.
Padrón municipal
Relación dos habitantes dun concello, onde figura coma información básica o nome, apelidos e domicilio destes.
Paisaxe
Calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores presentes nela.