O galego en Galicia: historia, normalización e retos do século XXI

Employment training and career guidance4.46 KB

TEMA 6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais

Contexto histórico e situación sociolingüística

No ano 1975 morre Franco e tres anos máis tarde as Cortes democráticas aproban a Constitución actualmente en vigor. Establécese nela a cooficialidade do galego e do castelán en Galicia. O recoñecemento oficial prodúcese no ano 1981, no Estatuto de Autonomía, que establece que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua”. No ano 1983 entrou en vigor a Lei de Normalización Lingüística, que regula o seu uso nas diversas administracións e servizos.

O galego convértese na lingua oficial da administración autonómica: da Xunta de Galicia, de todas as súas Delegacións e do Parlamento. Con lixeiras excepcións, a lexislación cúmprese. O seu ensino é obrigatorio nos niveis de ensino Primario e Secundario, onde se establece tamén que polo menos dúas materias máis deberán ser impartidas nesta lingua. No ensino universitario xa non rexen estas normas.

En setembro de 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega: 445 medidas destinadas a potenciar o galego. En setembro de 2005 o Consello de Europa recomenda que en Galicia o ensino sexa “principalmente en galego”. No curso 2007-2008 entra en vigor o decreto que establece que en Primaria e ESO polo menos o 50% das materias sexan en galego. Xorden voces protestando porque en Galicia xa non se pode estudar en castelán, discriminado fronte ao galego. Mais tamén se protesta porque o galego segue a ser a lingua discriminada e o decreto non se aplica en moitos centros.

Na primavera de 2010 un novo decreto reduce a presenza do galego ata un máximo do 50% e pretende introducir o inglés como lingua vehicular do ensino, un retroceso que pode carrear consecuencias moi negativas no futuro. No 2012 os tribunais de xustiza anulan algúns dos artigos deste decreto.

Noutras administracións e institucións o galego está case ausente: no ámbito da administración do Estado e da xudicial. A Igrexa Católica permite o seu emprego nas misas, pero a súa xerarquía, case toda foránea, prescinde practicamente do seu uso.

Características e uso na sociedade actual

Cualitativamente está hoxe presente en ámbitos anteriormente impensables: é moi utilizado nas actividades políticas, institucionais, universitarias e culturais. Mesmo parece que o seu uso comercial comeza a ser economicamente rendible e prestixia certos produtos. Cada vez un maior número de profesionais liberais o utiliza normalmente.

Neste século XXI temos que ter en conta o seu uso na internet, pois unha lingua que quede fóra dela non ten futuro. Hai moitas webs, foros, chats e blogs nos que é frecuente o galego. Temos o OpenOffice e outros programas en galego, ademais dos correctores ortográficos adecuados. Dispoñemos xa de tradutores gratuítos en liña para case todos os idiomas. As compañías de telefonía móbil xa ofertan terminais en galego. Facebook e Twitter xa están en galego.

Realidade cuantitativa e retos

Tocante ao plano cuantitativo, a realidade é, porén, cada vez máis negativa: a perda do número de falantes segue acelerándose. Neste curso coñecéronse datos moi negativos que tiveron unha grande repercusión na prensa. Se ben se recoñece que o seu uso é, en xeral, maioritario, todas as enquisas indican que este uso decrece segundo é menor a idade dos entrevistados. Ata hai pouco tempo era a lingua exclusiva no ámbito rural, pero xa non o é. Nas pequenas e grandes vilas, así como nas cidades, cada vez é máis minoritaria.

O galego estándar

Na busca dunha norma escrita, entramos na fase do galego estándar. Ao haber un estudo sistemático da lingua, pódese fixar con maior coñecemento unha norma culta, da que se van eliminando dialectalismos, arcaísmos e hiperenxebrismos, seguindo o camiño xa emprendido na etapa anterior, ao tempo que se adapta á nova situación social (máis ámbitos de uso) e académica (vehículo para outras materias).

Posición do galego no mundo

O galego ocupa, por número de falantes, o posto 136; o 49 por libros traducidos; o 37 por páxinas de Internet; e o 26 por uso nas redes sociais. Está claro que, se o queremos, podemos!

II. L

Download

PDF Word HTML