Tema 18. Fröbel
O método
- Primeiro modelo de educación infantil.
- Inspiración: Pestalozzi, especialmente a teoría da intuición. Estancia en Yverdon para familiarizarse coas súas ideas, aínda que as considera excesivamente empíricas e faltas dun propósito unitario que confira sentido aos diversos coñecementos e experiencias.
- O xogo será o principal recurso educativo do seu método.
- É o procedemento que utiliza o neno para interpretar a realidade. Equivalente ao traballo no adulto.
- Permite que se exprese de forma libre e creativa a natureza infantil, como quería Rousseau.
- Linguaxe, natureza e matemática como base da aprendizaxe e do coñecemento da realidade (linguaxe, forma e número de Pestalozzi): núcleo do currículo.
Dons, cancións e ocupacións
- Os "dons" ou "agasallos": obxectos xeométricos para fomentar o xogo creativo e cultivar as facultades intelectuais, estéticas e morais. Traballar os conceptos de forma (natureza) e número (matemáticas).
- Seis bolas coas cores básicas.
- Cubo, cilindro e esfera (formas xeométricas puras).
- Cubos de madeira que se descompoñen noutras figuras xeométricas.
- Pezas planas con distintas formas, palillos, aros, etc.
- As cancións e as rimas de berce: "Cancións de nai e de amor" (1843). Cada unha das 45 promovía unha acción que o neno debería representar coas mans ou o corpo. Exercicios de linguaxe.
- As ocupacións: actividades como a construción, a costura, o modelado...
Os Kindergärten
- Fröbel quería distanciarse da escola tradicional, polo que inventou un nome novo: Xardín de infancia. Medio (relativamente) aberto onde a natureza do neno-planta puidese expresarse libremente baixo os coidados do educador-xardineiro.
- Na década de 1840 créanse os primeiros Kindergärten co patrocinio da condesa Bartha von Marenholtz-Bülow. Funcionan como escolas infantís para nenos a partir dos 2-3 anos e como centros de formación do profesorado. Predominio das mulleres.
- Dependencias:
- Xardín, con parcelas individuais para cada neno (1 m²) e parcelas colectivas. Cultivo das plantas. Gaiolas para os animais.
- Patio descuberto con árbores de distintas especies e unha fonte ou glorieta no centro, onde se practicaría a ximnasia, o canto, o xogo e o traballo.
- Aulas ou salas para 25 alumnos, dotadas de bancos e mesas móbiles, fronte ás tradicionais bancadas. Comunicadas cos patios para poder traballar fóra cando o tempo o permitía.
- En 1851 o goberno de Prusia clausurou as escolas, alegando que formaban parte do "sistema socialista frobeliano" que promovía o ateísmo. Non estaban en sintonía co tipo de educación propia dunha sociedade industrial e disciplinaria que pretendían as autoridades.
- Difusión dos xardíns de infancia en diversos países europeos e nos EUA. A expansión do sistema demandaba teorías pedagóxicas que permitisen organizar o proceso educativo, tamén na primeira infancia. Traballo asalariado feminino. Creación dunha cátedra froebeliana en España (1876). ILE.