filos
fundametafisica2
Este texto é un fragmento de Immanuel Kant pertencente á súa obra "Fundamentación da metafísica dos costumes" (1785). Trata a diferenza da autonomía da vontade e a heteronomía da vontade. Kant (1724 – 1804) foi un filósofo prusiano da Ilustración. A súa filosofía é un idealismo trascendental, posúe tanto ideas empiristas (afirma que o coñecemento se limita á experiencia) como racionalistas (afirma que non todo o coñecemento procede da experiencia). Propón que a metafísica tradicional pode ser reinterpretada a través da epistemoloxía. Destaca a súa crítica da razón pura e a súa crítica da razón práctica. O pensamento kantiano foi moi influente levando á filosofía máis aló do debate entre empirismo e racionalismo. A "Fundamentación da metafísica dos costumes" é unha breve obra que aspira a revelar os principios fundamentais da moralidade e mostrar que son aplicables para nós, desenvolve un sistema de toda moralidade. Esta obra comeza coa división do saber humano en lóxica, física e ética. Busca asegurar unha lei universal na nosa moral. O modo en que xulgamosen é un tema moral, hai cousas que a unha persoa lle pode parecer moralmente correcto e a outra moralmente incorrecto, sen embargo, ninguén pode poñer en dúbida que dous máis dous é igual a catro. Kant descobre eses elementos 'a priori' dos xuízos. A "Fundamentación da metafísica dos costumes" trata do análise do principio 'a priori' dos nosos códigos morais.
Na primeira parte deste texto Kant explícanos por que a autonomía da vontade é o principio supremo da moralidade. Somos libres de actuar como queiramos e somos libres de actuar moralmente ou non. Busca encontrar máximas da elección que sexan leis universais ('a priori') aínda que sexa certo que somos libres de actuar moralmente, hai certas leis universais que indican o que é correctamente moral e o que non, temos que encontralas e actuar desa maneira. Hai que actuar cunha boa vontade. A boa vontade é a vontade de quen actúa por deber, de quen actúa de forma correcta a pesar de que non lle supoña algo favorable, á diferenza está o que actúa por inclinación, para conseguir algo a cambio. O valor moral da acción non depende do resultado da acción, senón do principio que inspire a acción (máxima). Isto quere dicir que o que importa é a intención, non solamente temos que actuar de forma correcta, se non cunha boa intención, é dicir, que seguir unha lei simplemente porque nos favoreza, ou nos de algo a cambio non é actuar correctamente, hai que actuar de forma desinteresada. Afirmar que actuar por deber é o mesmo que actuar por respecto á lei moral (imparcialmente). Na segunda parte do texto Kant fala da orixe de todos os principios ilexítimos da moralidade: a heteronomía da vontade. Aquí explícanos como cando nos atemos a unhas máximas ou leis corremos o risco de actuar de forma correcta simplemente polo noso propio interese, como pode ser a integración na sociedade. Por aceptar unhas leis non significa que a moral pase a ser unha cousa allea a nós, nós temos que actuar sempre da forma que
consideremos correcta, non simplemente para seguir unhas leis. Se actuamos de forma correcta só por interese non estamos actuando de forma correcta. "Debo facer algo porque quero algunha outra cousa" non é unha boa vontade. En conclusión: estamos ante un texto no que se fala da autonomía/heteronomía da vontade e da boa vontade. As obras de Kant abriron unha enorme vertente filosófica posterior e crearon unha corrente tanto de seguidores como de críticos que será moi importante para a posteridade. Por exemplo, Schopenhauer criticará a Kant etiquetando o imperativo categórico de egoísta.