Filipe II e Filipe III: Validos, Expulsión dos Mouriscos e Crise de 1640

Greek3.44 KB

Análise das diferenzas entre Filipe II e Filipe III. Explicación da aparición dos validos

Filipe II quería levar e ter coñecemento dos asuntos de goberno, o que facía lentas as decisións e lle xeraba unha enorme cantidade de traballo.

En cambio, Filipe III deixou as tarefas de goberno a unha persoa da súa confianza, o duque de Lerma, aparecendo a figura do valido. O rei pasou a ter unha vida ociosa.

En Inglaterra ou Francia os reis actuaron de forma similar para descargarse do traballo do goberno; así, en Francia destacaron personaxes como Richelieu ou Mazarino.

Continuou Filipe III a política bélica do seu pai?

Continuou coa política bélica e, ao atender distintos escenarios bélicos, permitiu aos rebeldes consolidar a súa posición co apoio inglés.

Comentar as razóns que levaron a Filipe III a decretar a expulsión dos mouriscos e como afectou a súa marcha á economía

Os mouriscos eran musulmáns convertidos forzosamente (senón eran expulsados dos reinos) á fe católica.

Pero, a pesar das prohibicións, seguiron mantendo os seus costumes, lingua e relixión, e ademais mantiñan contacto cos piratas berberiscos.

As presións da Igrexa e as propias conviccións dos gobernantes (intolerancia relixiosa) levaron a decretar a súa expulsión.

A súa marcha tivo consecuencias negativas: despoboamento de moitas zonas, perda de man de obra nos cultivos, diminución dos recursos, etc. Afectou moi negativamente á agricultura e a industrias como a da seda en Valencia.

En que consistía o proxecto de Olivares da Unión de Armas?

Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, valido de Filipe IV, elaborou en 1625 este proxecto para asegurar a supremacía da Monarquía Hispánica. Tamén se estableceu un reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos. O proxecto non se puido levar a cabo pola oposición das Cortes da Coroa de Aragón.

Crise de 1640 na Monarquía Hispánica: causas e balance final

O conde-duque de Olivares, valido de Filipe IV, quixo modificar a estrutura política da Monarquía Hispánica, eliminando os privilexios forais dos seus reinos e impoñendo en todos eles as leis de Castela, as máis favorables para o poder real.

Pero isto causou oposición e rebelión nos distintos reinos. As tropas establecidas en Cataluña para facer fronte a Francia cometeron abusos que fixeron que Cataluña aceptase a obediencia do rei francés. En Andalucía houbo unha rebelión nobiliaria e Portugal separouse da obediencia a Filipe IV.

Finalmente, a rebelión en Andalucía foi sufocada e Cataluña retornou á Monarquía, pero Portugal fíxose independente. A Monarquía saíu debilitada desta crise, resultando o contrario dos propósitos do conde-duque de Olivares.

Que significaron para a Monarquía Hispánica os tratados de Westfalia e Pireneos?

Os tratados de Westfalia puxeron fin á guerra hispano-holandesa e á Guerra dos Trinta Anos. España tivo que recoñecer a independencia das Provincias Unidas de Holanda, territorio ao norte dos Países Baixos, pero Francia seguiu a guerra contra España.

O Tratado dos Pireneos: España, a cambio da paz, entregaba a Francia os territorios de Rosellón, diversas prazas en Artois, nos Países Baixos e Luxemburgo. Supuxo que a hexemonía en Europa pasara de España a Francia.

non.

non.

Download

PDF Word HTML