Fases da Segunda Guerra Mundial: Ofensivas Alemás e Conflito Global
Fases da Segunda Guerra Mundial
Ofensivas Alemás: Guerra Relámpago (1939-1941)
A contenda iníciase coa invasión de Polonia en 1939. Cumprindo co Pacto de Non Agresión, Hitler invade a parte occidental de Polonia e Stalin a oriental. De setembro a abril rexistrouse un clima de tranquilidade e incerteza.
En abril de 1940, Hitler invade Dinamarca e Noruega. En maio invade Bélxica e os Países Baixos, illando o exército aliado en Dunkerque.
O Desembarco de Dunkerque
No momento no que os Aliados se deron conta do que estaba a facer Hitler, enviaron forzas e desembarcaron en Dunkerque para vencer o Führer, pero os alemáns agardándoos acabaron con eles. Debido a isto, os Aliados fixeron un chamamento aos habitantes de Gran Bretaña para que fosen rescatar os soldados nos seus barcos particulares.
A Caída de Francia e a Batalla de Inglaterra
En xuño de 1940 invaden Francia e entran en París. Francia pensaba que os alemáns entrarían pola fronteira franco-alemá pero, ao igual que na Primeira Guerra Mundial, fixérono por Bélxica e invadírona nun mes e medio.
O xefe do goberno francés era o xeneral Pétain, un home moi querido en Francia, quen decidiu render o país aos nazis por pensar que estaban perdidos. Asinou o Armisticio de Compiègme e pactou con Hitler para evitar a ocupación total e permitir que o Estado mantivese certa autonomía. Deste xeito, Francia quedou dividida en dúas zonas:
- A Francia ocupada polo Terceiro Reich.
- A Francia do Goberno de Vichy, de carácter colaboracionista cos nazis. cérea
No verán de 1940 iníciase a Batalla de Inglaterra no sur da illa, baseada en impoñentes combates aéreos e nun bombardeo sistemático das cidades inglesas.
Posteriormente, Hitler encargoulle a Mussolini que invadise Iugoslavia e Grecia. Ante os reiterados fracasos italianos, os alemáns tiveron que intervir para asegurar a vitoria. O seguinte fronte abriuse no norte de África, onde se enfrontaron os célebres xenerais Rommel e Montgomery.
Célebres Frases de Winston Churchill
- "Nunca tantos deberon tanto a tan poucos"
- "Só podo ofrecervos sangue, suor e lágrimas"
A Guerra Adquire Dimensión Mundial (1941-1942)
A Wehrmacht invade a URSS en xuño de 1941, traizoando o Pacto de Non Agresión. Esta campaña militar coñécese como a Operación Barbarroxa.
O obxectivo principal de Alemaña era conseguir os cereais de Ucraína —coñecida como o graneiro de Europa— e o petróleo ruso, materias primas imprescindibles para sostiver o esforzo bélico. As tropas entraron por tres frontes diferentes: Moscova, Ucraína e o Cáucaso.
Esta complexa operación mobilizou a miles de soldados, xa que, coa caída de Francia, Alemaña puido retirar gran parte do seu exército nese fronte. Con todo, a ofensiva sufriu graves contratempos:
- A chegada abrupta e rigorosa do inverno.
- A escaseza crítica de carburante.
- A aplicación da táctica de "terra queimada" por parte do exército soviético, que retrocedía sen ofrecer batalla e destruíndo calquera recurso útil para o invasor.
Finalmente, os soldados alemáns quedaron bloqueados e paralizados nas cidades de Leningrado e Stalingrado.