Escritores galegos do século XX: vangarda, compromiso e exilio

Employment training and career guidance4.25 KB

Escritores galegos do século XX

Esta sección recolle a traxectoria de varios autores fundamentais da literatura galega, desde o galeguismo ata a vangarda.

Escritores da xeración do exilio

Tras as polémicas cos homes de Nós, distánciase do galeguismo para adquirir un compromiso republicano e de esquerdas. Durante a Segunda República colabora coas Misiones Pedagóxicas e nas revistas Resol e P.A.N. Tras a guerra sofre o exilio e desenvolve un gran labor político e cultural na Arxentina ata o seu regreso a Galicia en 1960. O seu libro de contos Dos arquivos do trasno e a súa peza teatral A fiestra valdeira supoñen o cumio da renovación teatral e narrativa desta xeración.

Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927)

Principal autor da corrente hilozoísta da poesía galega, comezou a súa andaina literaria en español, asistindo en Madrid a parladoiros ultraístas. Nos anos 20 abrazou a causa galeguista, aínda que polemizou duramente con Vicente Risco. Colaborou en xornais como A Nosa Terra, Galicia, La Concordia, Diario de Pontevedra e El Pueblo Gallego. En 1922 fundou en Pontevedra a revista Alborada. É autor dos poemarios Proel (1927) e O galo (1928), así como do relato "Superstición" (1920) e das novelas curtas Maliaxe (1922) e Os pobres de Deus (1925).

Fermín Bouza Brei (Ponteareas, 1901-Santiago, 1973)

Ademais de fundador do Seminario de Estudos Galegos e doutras múltiples actividades e investigacións, foi autor dunha noveliña titulada Cabalgadas en Salnés (1925). Con todo, acadou maior relevancia como poeta representativo da escola neotrobadoresca co poemario Nao senlleira (1933). Na posguerra, editou en Portugal un novo libro, Seitura (1955).

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981)

Antes da guerra foi fundamentalmente poeta, significándose pola súa receptividade cara ás correntes de vangarda en libros como Mar ao norde (1932), de liña basicamente cubista; Poemas do si e don non (1933), surrealista; Soma de craridades (escrito en 1932, publicado en 1977) e Cantiga nova que se chama ribeira (1933), neotrobadorista. Na súa vila natal promoveu unha oficina lírica da que saíron a editora Un, a revista Galiza e os tarxetóns poéticos Papel de cor. Na posguerra Cunqueiro destacará como un dos mellores narradores na nosa lingua.

Manuel Antonio Pérez Sánchez (Rianxo, 1900-1930)

É o principal representante dos movementos de vangarda en Galicia. A súa actividade ideolóxica resúmese en tres trazos: espírito de rebeldía, compromiso nacionalista e simpatía polas ideas anarquistas. No manifesto "Máis Alá!" (1922) e en artigos como "Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribeu" (1924) expuxo a súa posición rupturista respecto da literatura galega que se estaba a escribir até entón. A súa evolución poética distingue tres etapas:

  • a) De formación, anterior á xestación dun estilo vangardista. Inicia coa publicación de pequenos poemas en revistas da época, cun estilo próximo ao modernismo e con algún poema civil.
  • b) De ruptura vangardista, a partir do seu primeiro poemario Con anacos do meu interior, con 18 poemas escritos entre 1920-1922, comezan a aparecer certos trazos innovadores como certos aspectos da puntuación, a disposición tipográfica e o gusto polas imaxes orixinais de liña hilozoísta, xunto a elementos tradicionais como a rima ou o uso do paralelismo. Foulas, escrito entre 1922-1925, consta de 28 poemas formalmente vangardistas onde xoga coa rima. Neste libro aparecen algúns elementos que o achegan ao caligrama e ao cubismo. Sempre e máis despois, con só 8 poemas, continúa a evolución vangardista que culmina con De catro a catro.
  • c) De retroceso na audacia vangardista. No poemario Viladomar, de só 6 poemas, obsérvase o regreso á rima final, unha ausencia cada vez máis notoria de experimentacións tipográficas e un retorno á lóxica do

Download

PDF Word HTML