Escola da Tebra e a Nova Narrativa Galega: Poesía e Narrativa dos Anos 50

Other foreign languages6.42 KB

Escola da Tebra e Xeración das Festas Minervais

Tamén chamada Escola da Tebra ou Xeración das Festas Minervais, son unha serie de escritores que protagonizan unha profunda renovación formal e temática. Publican desde a clandestinidade, mostrando a súa oposición ao franquismo. Distínguense dous grupos:

  • O grupo compostelán: que se move en torno á editorial Galaxia.
  • O grupo Brais Pinto: do que forman parte Ferrín, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, Ramón Lorenzo... Teñen unha maior radicalidade artística e ideolóxica que o anterior.

1. A renovación da poesía galega

Na Xeración dos 50 apréciase o influxo do existencialismo (Sartre, Camus), dando orixe á Escola da Tebra, representada por Fabulario Novo de Cuña Novás. Nas obras domina unha visión pesimista e angustiada da vida. Predomina a dor existencial, o versolibrismo e a influencia surrealista. Existen diversas liñas poéticas:

  • Realismo coloquial, onde atopamos Documentos persoais de Manuel María.
  • Afirmación rebelde e rupturista, e
  • A poesía beat, revolucionaria e antiimperialista de Ferrín.

1.1. Principais poetas da Xeración dos 50

  • Antón Avilés de Taramancos: a súa obra orixina un discurso poético emotivo, luminoso e autobiográfico. Cantos Caucanos.
  • Manuel María: escribe Muiñeiro de Brétema e Morrendo a cada intre, de carácter intimista e existencialista; Terra Chá, donde encontramos o descritivismo paisaxístico; o socialrealismo, irónico e satírico, atópase en Documentos persoais; e o intimismo amoroso en Poemas de Outono. Na súa obra atopamos a defensa de Galiza, a protesta contra as inxustizas, e utiliza toda clase de rexistros.
  • Bernardino Graña: Poema do home que quixo vivir, Profecía do mar. Publica en ton socialrealista Non vexo Vigo nin Cangas. Na súa obra destacan tres temas fundamentais: a vivencia amorosa, a protesta ecoloxista e a denuncia contra a alienación. Destaca o seu dominio do ritmo, a riqueza léxica e a forza expresiva.
  • Ferrín: en 1976 edita Con pólvora e magnolias, que foi un revulsivo na poesía galega. Introduce un novo enfoque no tratamento dos temas, referencias culturais, peculiar disposición dos versos... Combina a proclama política nacionalista e revolucionaria (a pólvora) e a introspección íntima (as magnolias): erotismo, nostalxia do pasado... Máis tarde publica Poesía enteira de Heriberto Bens, de vocación sociopolítica, en clave independentista e revolucionaria.
  • Uxío Novoneyra: primeiro poemario Os Eidos. Destaca o seu experimentalismo tipográfico, a escrita fonética e o poema caligrámico... Fai incursións na poesía social, antibelicista e patriótica. Destaca o seu fonosimbolismo.
  • Mª Xosé Queizán: pioneira do pensamento feminista. Comezou co libro Metáfora da metáfora, no que busca a liberación do discurso androcéntrico. En Despertar das amantes aparece o erotismo lésbico. Fóra de min é un manifesto contra a xenofobia e en defensa dos dereitos humanos. Por último, destaca Cólera, antifranquista, no que rende homenaxe a figuras destacadas daqueles tempos.
  • Xohana Torres: publica Do Sulco, intimista. Publica tamén Estacións do mar, no que trata a soidade do ser humano e a fugacidade do tempo. Destaca o seu dominio do ritmo e da musicalidade.

2. A nova narrativa galega

Conxunto de obras editadas entre os anos 50 e 70 que inauguran un novo xeito de narrar. Iníciase en 1956 con Memorias de Tains de Rodríguez Mourullo e remata en 1980 con Cara a Times Square de Camilo Gonsar.

Características:

  • Preferencia por ambientes urbanos periféricos e claustrofóbicos.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos.
  • Fusión desacougante de realidade e fantasía.
  • Redúcese ao máximo o tempo.
  • Esixencia dun lector activo disposto a afrontar dificultades temáticas e técnicas.
  • Pluralidade de voces narrativas e uso do monólogo interior.
  • Presenza de violencia, sexo e morte.
  • Personaxes antiheroicas e personaxes obxectualizadas.
  • Uso da intertextualidade (uso de textos doutros autores).

2.1. Narradores da Xeración dos 50

  • Camilo Gonsar: a súa narrativa caracterízase pola reflexión sobre a identidade e a visión crítica da sociedade. Destacan Lonxe de nós e dentro e Cara a Times Square.
  • Ferrín: a súa obra divídese en tres ciclos:
    • 1. Ciclo creativo: iníciase con Pércival e outras historias, que presenta elementos lendarios celtas. Destaca tamén O Crepúsculo e as Formigas, no que trata temas como a violencia e a morte.
    • 2. Ciclo narrativo: aparece o nacionalismo revolucionario. Destacan Elipsis e outras sombras e Antón e os inocentes.

Download

PDF Word HTML