El sistema de la Restauración Borbónica y la cuestión nacional en el siglo XIX

Employment training and career guidance5.54 KB

O sistema de partidos na Restauración Borbónica

O sistema de partidos estaba baseado no bipartidismo co motivo de acadar a estabilidade política. Así, alternaríanse no poder o Partido Conservador, liderado por Cánovas, e o Partido Liberal, dirixido por Sagasta. Ademais, levouse a cabo unha reforma constitucional en 1876 que produciu un texto mestura das constitucións de 1845 e 1869, onde a soberanía estaba compartida entre a Coroa e as Cortes.

O sistema de quenda pacífica

O sistema da quenda de mutuo acordo entre o partido gobernante e a oposición permitía garantir unha estabilidade política e evitar que a oposición recorrese ao pronunciamento. Cando o partido gobernante entraba nunha crise política, o rei chamaba ao xefe do partido da oposición para que formase novo goberno. A continuación, para que este novo goberno puidese ter o respaldo das Cortes, o rei procedía a disolver o Congreso e convocar novas eleccións co fin de que o resultado fose favorable ao goberno.

Fraude electoral e caciquismo

Este mecanismo, no que o goberno non saía da maioría parlamentaria senón dun acordo entre os partidos do sistema coa aprobación do rei, levou o sistema a un proceso continuo de fraude electoral e falseamento dos procesos electorais. Para fabricar os resultados e o reparto de escanos, o ministro de Gobernación reunía aos gobernadores civís de cada provincia para proceder a nomear aos candidatos e os escanos que se repartirían cada partido de acordo co papel asignado nesa convocatoria. Deste xeito, o partido do novo goberno tería un amplo dominio dos escanos da cámara. A este proceso denominóuselle encasillado.

Para que este proceso culminase de acordo ao previsto era imprescindible contar coa intervención dos caciques. O estreito control do voto que exercían os caciques, base do sistema, sobre as eleccións periódicas, xerou unha cadea de favores e adhesións persoais que impedía, no ámbito rural (non así no medio urbano), unhas eleccións libres.

Crítica ao sistema e crise de final de século

Este sistema corrupto, que utilizaba calquera recurso para falsear os resultados electorais, foi criticado duramente polo Regeneracionismo e pola oposición política. Con isto, aumentou considerablemente a conflictividade social e política que, ao sumarlle o desastre do 98, provocou o inicio dunha grave crise nos anos finais da rexencia de María Cristina. Deste modo, en 1902 o trono español pasou a mans de Alfonso XIII, seguindo así a dinastía dos Borbóns e, por conseguinte, o período da Restauración Borbónica, aínda que a acumulación dos conflitos e o descontento co sistema farán considerar este período como o da crise da Restauración.

9. A cuestión nacional no último terzo do século XIX

No último terzo do século XIX, á imaxe do acontecido noutros lugares de Europa, en España desenvolvéronse os rexionalismos e nacionalismos. Estes movementos, opostos á política centralizadora da Restauración, xurdiron sobre todo en territorios periféricos dotados de elementos culturais diferenciados.

Catalunya

No caso catalán, a partir de 1830 o movemento literario da Renaixença impulsou un proceso de recuperación da cultura e da lingua propias. O paso do catalanismo cultural ao político tería lugar nos anos 80, cunha orientación rexionalista, que aspiraba a lograr un maior autogoberno para Cataluña. A creación da Unió Catalanista en 1891, e as súas demandas de restauración das institucións históricas e traspaso de competencias, supoñerían un novo paso no proceso de afirmación catalanista. Un paso importante foi tamén a entrega a Alfonso XII en 1885 do Memorial de Greuges, con reivindicacións políticas e económicas en defensa do proteccionismo e dunha maior atención aos intereses de Cataluña. Coas Bases de Manresa (1892), nas que se reivindicaba o autogoberno, o catalanismo adquiriu un carácter de orientación tradicionalista e burguesa. Será a principios do século XX cando adopte unha orientación nacionalista, baixo o impulso de Prat de la Riba. En 1901 creouse a Lliga Regionalista, primeiro gran partido do nacionalismo catalán.

Galiza

O galeguismo tamén experimentou unha lenta evolución na segunda metade do século XIX. Nunha primeira etapa, iniciada en 1840, o provincialismo alentaría a progresiva toma de conciencia das particularidades e necesidades de Galiza. Ese impulso precursor viuse reforzado nos anos 60 polo Rexurdimento, o movemento cultural iniciado por Rosalía de Castro, que aspiraba á revitalización do galego como lingua literaria. Con todo, será a partir de 1880 cando xurda o rexionalismo, defensor do dereito á autonomía política, e que tivo como figuras máis destacadas o liberal Manuel Martínez Murguía e o conservador Alfredo Brañas.

País Vasco

No caso vasco, a evolución foi diferente e estivo marcada por un feito político: a abolición dos foros en 1876. As protestas levaron a Cánovas a aprobar os Concertos Económicos dous anos máis tarde, recoñecendo a autonomía fiscal das Provincias Vascas. O seu ideario identificaba a etnia e a cultura tradicionais como elementos vertebradores do territorio que denominou Euskadi. Para defender a súa independencia fundou en 1895 o Partido Nacionalista Vasco.

Download

PDF Word HTML