Efectos da Segunda Guerra Mundial: Consecuencias Morais, Económicas e Políticas
Efectos da Segunda Guerra Mundial
Efectos morais
A guerra provocou un intenso trauma moral e cuestionou todos os valores éticos. A guerra total desatou sobre a poboación civil unha crueldade e violencia xeralizada, a causa dos bombardeos, matanzas, a bomba atómica... O xenocidio dos campos da morte provocou entre 5 e 6 millóns de víctimas.
Constituíuse o Tribunal Internacional. Para xulgar os crimes contra a humanidade levaronse a cabo os Xuízos de Nuremberg, para así xulgar aos nazis. Neste xuízo foron condenados a morte, a cadea perpetua, outros suicidáronse... Era incrible a súa frialdade nestes xuízos.
Efectos económicos
A causa da destrución das cidades, infraestruturas..., déronse grandes problemas (problemas do aprovisionamento alimenticio e desamparo da poboación civil). A causa das necesidades bélicas deuse un elevado volume de débeda e dispararonse os prezos (inflación). A guerra acelerou o declive das vellas potencias europeas. Estados Unidos consolidou a súa hexemonía económica (agrícola, financeira e industrial). A URSS converteuse na 2ª potencia mundial.
Efectos políticos
A derrota do Eixe significou o fracaso dos sistemas fascistas. Europa quedou dividida pola ocupación aliada. En Europa occidental dase a ocupación angloamericana e impónse a democracia e o capitalismo. En Europa oriental dase a ocupación soviética e impóñense as democracias populares (dictaduras comunistas baixo a hexemonía da URSS). Hai países que son comunistas pero non entran baixo o bloque soviético: Iugoslavia e Albania.
Conferencias de paz e cambios territoriais
Conferencia de Yalta (febreiro de 1945)
Nesta conferencia decidiuse a partición de Alemaña en 4 zonas de ocupación (unha parte para cada potencia aliada). Estableceronse as reparacións de guerra (esta vez Alemaña si que paga e acaba de facelo arredor de 1990), a promesa de celebración de eleccións nos países liberados e a anexión dos Estados Bálticos e do leste de Polonia á URSS.
Conferencia de Potsdam (xullo-agosto de 1945)
Defínese o futuro de Alemaña. Divídena en 4 zonas e deciden cal delas se queda con cal. Tamén se leva a cabo a desnazificación. Dividen tamén Berlín en 4 zonas, pois a capital estaba na parte soviética e ao resto das potencias non lle parecía xusto que os soviéticos controlaran eles sós esta cidade. Austria vai ser dividida tamén en 4 zonas de ocupación.
A Polonia hai que resituala, polo que se lle quita algo de terreo a Alemaña e algo á URSS. Polonia quédase co corredor de Danzig. Como este país non tiña fronteiras naturais, buscan algo físico que sirva para darlle fronteira a Polonia. Deciden facer unha fronteira natural entre os ríos Oder e Neisse.
A última decisión que se toma nesta conferencia é darlle a Stalin toda a parte leste de Europa, o que el quería. Comeza a tomar forma a necesidade de crear un organismo internacional de diálogo para evitar unha 3ª Guerra (ONU).