Doutrina Política e Económica do Fascismo: Principios Clave
Doutrina Política
Supremacía absoluta do Estado: todos os esforzos da sociedade deben concentrarse no engrandecemento do Estado, xa que están reconstruíndo os antigos imperios.
Ditaduras
Dos tres poderes, controlados polo ditador, o poder fundamental vai ser o executivo, aínda que non hai separación de poderes. Critican o liberalismo económico, o parlamentarismo e a democracia (decisión do pobo, diferentes partidos…), xa que os consideran culpables da situación na que se atopaban.
Liderazgo
Anulan a relixión, xa que o líder actúa como unha especie de Deus, non se equivoca, e existe un culto á persoa do líder. Este recibe diferentes nomes: Führer (Hitler), Duce (Mussolini), Caudillo (Franco)…
Nacionalismo Exacerbado
Política expansionista (violar fronteiras, invadir países…), imperialista (buscan conseguir un imperio) e militarista (apóianse moito no exército).
Oposición á Orde Internacional Establecida
Queren substituír ese modelo antigo que non funcionou. Son revolucionarios, contrarios á orde da democracia e do comunismo.
Doutrina Económica
Anticapitalismo Inicial e Anticomunismo
Necesitan atraer á clase dominante e tranquilizar á pequena burguesía, debido a que non lles gusta o comunismo e desconfían deles; polo que van aliarse coa burguesía (permitindo a propiedade privada), atraendo así aos grandes capitais. A pesar disto, segue habendo un intervencionismo total por parte do Estado na economía (economía intervencionista). Propugnan unha nova orde social e económica (un pouco na liña de Stalin), un home con novos valores (“o home fascista”), unha sociedade nova…
Autarquía
Política dirixida polo Estado, intervencionismo. Impedir que se nos marchen os nosos cartos, favorecer a propia industria para non ter que mercar nada. [Práctica do intervencionismo co fin de impedir a importación de produtos estranxeiros e favorecer así o desenvolvemento da produción nacional]. Non gastar diñeiro en depender de ninguén; queren demostrar que son capaces de defender o país e explotar todos os recursos.
Expansionismo Imperialista
Buscan crear un imperio político e económico para conseguir novos mercados, materias primas e fontes de enerxía que impidan a paralización da industria. Italia e Alemaña non conseguiron moitos imperios durante o colonialismo, polo que buscan conseguilos agora.