Diego Xelmirez: Señor Feudal e Bispo de Compostela
Glosario de termos medievais
1. Códice Calixtino: Libro referencial do mundo xacobeo que se conserva na catedral de Santiago, no que se pretendía afianzar as pretensións de Diego Xelmirez como sede apostólica e difundir os fundamentos da peregrinación.
2. Colonos: Homes xuridicamente libres pero suxeitos aos grandes propietarios, que lles entregaban terras en arrendo.
3. Encomenda: Institución socioeconómica mediante a cal un grupo de individuos debía retribuír a outro en traballo para gozar dunha prestación que lle fora entregada.
4. Feudo: Beneficio dunha terra que o señor outorga a un vasalo a cambio de fidelidade por parte deste.
5. Feudo: Beneficio dunha terra que o señor outorga a un vasalo a cambio de fidelidade por parte deste.
6. Mayorazgo: Institución xurídica creada para manter a preeminencia social e económica da nobreza. Os bens non podían dividirse nin venderse, e pasaban a mans dun único herdeiro, que así vía garantida a súa estabilidade patrimonial.
Réxime señorial: Dito doutro modo, un conxunto de relacións entre homes de diferente capacidade económica e condición social, para explotar o territorio.
Diego Xelmirez
Era fillo dun cabaleiro e foi nomeado Bispo de Compostela no ano 1101. O seu obxectivo sempre foi potenciar o seu señorío. Para iso puxo en práctica moitas alianzas, incluso chegou a loitar contra os reis, dependendo dos seus intereses.
Tamén gozou de favores do papa, como por exemplo a concesión da categoría arzobispal para Compostela e a confesión do xubileo, e tamén conseguiu traer importantes reliquias de santos que engrandecerían a Santiago. Pero tamén hai que dicir que se enfrontou aos audienses, que protestaban porque tiña unha actuación austera.
Pero ademais, Xelmirez foi un auténtico señor feudal, desenvolvendo actividades económicas, sociais e políticas. Foi el quen organizou as peregrinacións e o que mellorou os camiños de acceso a Compostela. Tamén foi quen fomentou a construción, tanto de edificios relixiosos como civís. Regulamentou o mercado, concedeu cartas forais e tamén organizou unha frota para protexer os portos aos que chegaban os peregrinos.
Prestou servizo militar aos reis, pero el tamén tiña os seus propios vasalos. Obtivo o que moi poucos conseguiron: a concesión real de acuñar moeda. Dito de outro modo, Xelmirez é o maior exemplo para entender a súa categoría de clérigo e de señor laico.
Relación coa monarquía castelá
Xelmirez viviu unha etapa complicada con respecto á monarquía castelá, tomando partido por uns ou por outros segundo as súas conveniencias. Un exemplo foi que logrou que a raíña Urraca obrigase aos nobres galegos a prestarlle xuramento de fidelidade. Polo tanto, houbo un tempo no que foi o señor máis importante de todo o territorio.
Xelmirez viviu durante o reinado de Afonso VI e da súa herdeira Urraca, primeira muller que ocupou o trono de Castela e León. A raíña casouse co rei de Aragón. A partir deste matrimonio, en Galicia formouse un poderoso bando de apoio ao fillo que tivera Urraca no seu primeiro matrimonio, e conseguiu proclamalo rei de Galicia.