Desamortización en España Liberal: Reforma Agraria y Consecuencias

Employment training and career guidance5.51 KB

Comp. 3 - Reforma Agraria Liberal: Desamortizaciones

O desenvolvemento económico da España liberal estivo marcado por numerosas dificultades, como o mantemento dunha agricultura tradicional que empregaba grandes cantidades de man de obra con sistemas de cultivo de baixa produtividade, a cal non puido actuar como motor da modernización, a diferenza do que sucedeu nos países máis desenvolvidos.

Por iso, a burguesía liberal consideraba imprescindible realizar unha reforma agraria para liberar a terra das trabas do Antigo Réxime:

  1. Abolir o réxime señorial.
  2. Desamortizar as terras eclesiásticas e comunais.
  3. Desvincular os mayorazgos (morgados).
  4. Autorizar a liberdade de cultivos e o cerramento dos campos.
  5. Suprimir o diezmo eclesiástico e as servidumes colectivas.

A desamortización

A medida máis importante foi a desamortización, que consistía na expropiación e venda en pública poxa dos bens rústicos e urbanos pertencentes ás manos muertas eclesiásticas, así como dos baldíos e das terras de comunes e propios dos concellos. Este proceso foi longo polos bens afectados e polos enfrontamentos entre absolutistas e liberais.

Antecedentes: as Cortes de Cádiz e o Trienio Liberal

As Cortes de Cádiz aboliron os señoríos e os dereitos xurisdicionais e promulgaron un decreto desamortizador, pero estas medidas tiveron escasa vixencia, porque Fernando VII restaurou o absolutismo en 1814. Logo, no Trienio Liberal (1820-1823) volvéronse poñer en marcha, e finalmente quedaron de novo paralizadas na Década Ominosa (1823-1833).

Transformación do réxime da propiedade durante o reinado de Isabel II (1835-1855)

Durante o reinado de Isabel II, cando o liberalismo xa estaba instalado definitivamente, realizouse a transformación do réxime da propiedade (1835-1855):

Primeira fase: Mendizábal (1835-1836)

Desamortización eclesiástica mediante decretos que afectaron ao clero regular (DOC 1 Art. 1). No primeiro quedaban suprimidos os mosteiros (os que non prestaban servizos sociais) e no segundo os conventos.

Obxectivos básicos:

  1. Reformar o réxime de propiedade, convertendo en posesión individual e libre os bens inmobiliarios do clero regular.
  2. Obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados pola guerra carlista.
  3. Reducir a débeda pública como paso necesario para realizar unha profunda reforma do sistema tributario (DOC 1).
  4. Conseguir un amplo apoio social á causa liberal, ao mesmo tempo que se debilitaba económicamente ao clero e á Igrexa (DOC 1).

Segunda fase: Espartero (1841)

Completou a anterior desamortización mediante un decreto que declaraba nacionais os bens do clero secular, e poñíanse á venda (DOC 2 Art. 1). A partir de 1844 os moderados paralizaron o proceso e alcanzaron o Concordato de 1851, polo que a Igrexa aceptaba as vendas xa realizadas a cambio de que o Goberno español sostivese económicamente ao clero e o catolicismo fose a relixión do Estado.

Terceira fase: Madoz (1855)

Durante o Bienio Progresista (1854-1856) foi aprobada a Lei Xeral de Desamortización de Madoz e iniciouse unha desamortización civil, pola que se puxeron en venda os bens do Estado e dos concellos, ademais das propiedades eclesiásticas que quedaran (DOC 3 Art. 1). Os campesiños saíron perdendo. Os ingresos financiaron a construción do ferrocarril (DOC 5).

Compradores e consecuencias

Os compradores foron sempre a nobreza terratenente, os campesiños ricos e a burguesía, que aumentaron o seu prestixio social. Iniciouse unha nova etapa para a agricultura española, coa propiedade privada e a liberdade de mercado.

  • Perspectiva económica: expansión da superficie privada e da produción agraria, concentración da terra en poucas mans, e o Estado recadou menos do que debía.
  • Perspectiva social: non se conseguiu crear unha ampla clase media agraria, e os campesiños empeoraron as súas condicións de vida.
  • Perspectiva política: creouse un grupo social que defendía o liberalismo, aínda que tivo enemigos como a Igrexa e os campesiños, e acabou saíndo prexudicado.
  • Perspectiva cultural: perdas no patrimonio artístico e cultural da Igrexa polo abandono de conventos e mosteiros.

O caso de Galicia

En Galicia a maioría das terras explotábanse mediante contratos de longa duración chamados foros, que recoñecían aos campesiños cultivadores o dominio útil e á nobreza terratenente o dominio eminente. Ao mesmo tempo, a maioría dos montes comunais non eran propiedade dos concellos, senón dos veciños. Así, en Galicia só se subastaron rendas forais e os campesiños conservaron os seus dereitos sobre a terra.

Conclusión

En conclusión, a desamortización, que como vimos obtivo algúns éxitos parciais, foi unha frustrada reforma agraria que empeorou a condición do campesiño, creando unha oligarquía agraria que exercerá durante moito tempo o poder político e económico en España. Como valoración, DOC 5.

Tomás y Valiente critica con dureza as desamortizacións (DOC 4).

Download

PDF Word HTML