Curros Enríquez e Eduardo Pondal: Obras Literarias do Galeguismo
Obras literarias de Curros Enríquez
Aires da miña terra (1880)
Presenta tres liñas temáticas:
- Poesía social ou cívica: Curros cría na función da poesía e entendía que o poeta debía estar comprometido co pobo e denunciar os problemas da sociedade.
- Poesía costumista: Curros participou da estética romántica e costumista do seu tempo, continuando a liña de Rosalía e da poesía popular.
- Poesía lírica: Son poucos os poemas en que Curros expresa a súa propia situación anímica.
O divino sainete
É un longo poema narrativo de temática satírica e social. Relata unha imaxinaria peregrinación a Roma. Realiza a viaxe acompañado de Francisco Añón nun tren de sete vagóns, que simboliza os sete pecados capitais. Curros realiza unha forte sátira anticlerical, social e literaria.
Curros Enríquez
Naceu en Celanova, onde pasou toda a infancia. Con só 15 anos trasladouse a Madrid, onde estudou bacharelato, comezou a carreira de Dereito e colaborou en diversos xornais. Escribiu o seu primeiro libro, Cántiga. En 1871 deu a coñecer como poeta ao gañar en Ourense un premio literario coas composicións "A virxe do cristal", "O gueiteiro" e "Unha voda en Einibó". Regresou a Galicia para traballar como funcionario na Delegación de Facenda. En 1894 emigrou a Cuba, onde colaborou en varios xornais e participou na creación da Real Academia Galega. Morreu na Habana en 1908; os seus restos foron enterrados na Coruña.
Eduardo Pondal
Naceu en Ponteceso, no seo dunha familia fidalga. Cursou o bacharelato en Santiago de Compostela e participou nas actividades do Liceo da Juventud, onde coñeceu a mocidade galeguista do seu tempo. En 1860 rematou a carreira de Medicina e marchou a Ferrol para exercer a súa profesión, que abandonou para regresar á casa natal e dedicarse á literatura. Viviu longas tempadas na Coruña e compartiu amizade cos galeguistas Murguía e Carré. Asistía ás tertulias de Cova Céltica, onde era considerado un "bardo".
Obras literarias de Eduardo Pondal
A primeira obra publicada foi "A campá de Anllóns", incluída no Álbum de la caridad. En 1886 publica Queixumes dos pinos, que reelabora un poemario anterior bilingüe: Rumores de los pinos. Ao longo da súa vida traballou nun longo poema épico, Os Eoas, que canta o descubrimento de América por Colón e que permaneceu inédito ata 1992.
Queixumes dos pinos
É a súa obra máis coñecida e consta de 91 poemas. No primeiro, "O bo Bergantiñán", de Camilo para Ponteceso, escoita os Queixumes dos piñeiros. A continuación aparece a tradución deses Queixumes en boca do bardo. Nos poemas finais, o bo Bergantiñán aclara o significado das mensaxes do bardo.
Poesía cívico-patriótica
Pretendía a exaltación de Galicia. A súa poesía está en estreita relación coa dos historiadores galegos da época, que concedían unha grande importancia ás raíces celtas de Galicia.
Poesía lírica
Os temas principais son a natureza e a muller. A natureza aparece en estado puro, sen presenza humana. A muller é vista desde unha dobre perspectiva, ao xeito romántico: aparece como unha perspectiva popular e como presa do home.
A lingua de Pondal
Pretendeu converter o galego nunha lingua literaria culta. Para iso seleccionaba coidadosamente o seu léxico, baseándose na sonoridade das palabras e incorporando numerosos cultismos.