Crise da Democracia, Fascismo, Nazismo e Segunda Guerra Mundial

Greek23.74 KB

A crise da democracia en Europa

Os sistemas democráticos entraron pronto en crise debido á conxunción de numerosos factores:

  • Exacerbación do nacionalismo: A Gran Guerra e os tratados de paz contribuíron a acentuar o nacionalismo. Deste modo, as masas consideran a patria como o máis sagrado e aos sistemas parlamentarios ineficaces para manter e acentuar a gloria da nación.
  • Crecemento do militarismo: O papel dos militares e a extensión da crenza de que a patria estaba ameazada tanto por inimigos exteriores como interiores fixeron que o exército se convertsen na garantía da estabilidade do Estado e no seu salvador.
  • Descomposición do sistema parlamentario tradicional: Ante a dificultade de obter unha maioría para formar goberno en solitario, fórmanse gobernos de coalición de moi variado signo que teñen escasa duración. É a debilidade destes gobernos a que fai aumentar as críticas contra o sistema parlamentario, ao que acusan de dividir a unión da nación.
  • Aparición de novas forzas políticas radicais: Fúndanse os partidos comunistas, que levan a cabo unha política revolucionaria co obxectivo de impoñer a “ditadura do proletariado”. O medo á revolución social favoreceu a aparición de partidos fascistas, aínda que ambos desexan a transformación do sistema.
  • As crises económicas e o incremento das tensións sociais: A crise monetaria de 1921, o crac da Bolsa de Nova York de 1929 e a Gran Depresión dos anos 30. Tras o acceso ao poder de Mussolini en Italia multiplícanse as ditaduras; os réximes democráticos só perduran nas nacións máis desenvolvidas e con tradición democrática. As democracias contemplan o ascenso das ditaduras con impotencia e, nalgúns casos, como un “mal menor” fronte ao “perigo” comunista.

Chamamos ditaduras aos réximes políticos nos que o poder está concentrado nunha persoa ou institución. Todos os sistemas non democráticos son ditaduras ou sistemas autoritarios. O totalitarismo é un Estado omnipotente e policial que recorre ao terror para impoñer a súa ideoloxía e o seu dominio en todos os ámbitos, tanto da vida individual como colectiva.

Os principais trazos do fascismo

  • Nacionalismo radical: Do nacionalismo exacerbado vaise pasar ás reivindicacións territoriais e, logo, a unha política agresiva e militarista.
  • Omnipotencia do Estado: Os individuos están subordinados ao Estado, identificado coa nación e coa patria, que debe converterse nun órgano de dominación e control de todas as esferas da vida. Isto supón a perda das liberdades e a renuncia aos dereitos individuais que defende o liberalismo.
  • Antiparlamentario, antiliberal, antidemocrático e anticomunista: Acusa á democracia de promover división entre os cidadáns e provocar a debilidade do país. Considera que o partido fascista é o que representa a vontade xeral. Os partidos socialista e comunista, pola súa defensa da loita de clases, son obxecto de especial persecución.
  • Recoñecemento das desigualdades entre os individuos: Toda a sociedade está xerarquizada en grupos superiores e inferiores, e debe ser gobernada por unha minoría selecta: a elite.
  • Defensa do liderado indiscutible: A nación debía poñer o seu destino nas mans dun líder ao que hai que obedecer cegamente, dotado das máximas virtudes e poderes, que sempre ten razón.
  • Control ideolóxico e cultural: Para evitar a crítica, implántase unha ríxida censura que non permite que a masa escoite ou lea algo que non fose oficial. As bibliotecas e os libros foron queimados; preténdese o control ideolóxico mediante a manipulación e a propaganda.
  • Xustificación da violencia: Ameazas, malleiras, torturas e asasinatos de dirixentes foron prácticas habituais, tamén os traballos forzados en campos de concentración.
  • Intervención do Estado na economía: As actividades económicas estaban sometidas aos intereses do Estado.

A Italia fascista

Italia tras a Gran Guerra

Viviu unha grave crise que afectou a todos os sectores da sociedade. A crise moral uniuse a unha grave situación económica que culminou nunha crise económica en 1921. Esta mala situación económica é a desencadeante da crise social; nestes anos Italia tivo moitas revoltas e os enfrontamentos con policías eran constantes. Esta situación foi a causante do avance do fascismo.

Mussolini, en 1919, creou os Fasci Italiani di Combattimento, grupos de combate que se dedicaban a rebentar as revoltas. O incremento de militantes en 1921 deu lugar ao Partido Nacional Fascista, que de inmediato contou co apoio das clases medias, máis aínda cando fixeron fracasar a folga xeral de agosto de 1922.

Mussolini accede ao poder

Contando coa pasividade das autoridades e co agrado de empresarios e terratenentes, en outubro de 1922 organizou a Marcha sobre Roma para presionar ao rei e forzar o establecemento dun goberno forte dirixido por el. Desde diferentes poboacións do centro de Italia, unha masiva concentración de camisas negras converxeu sobre Roma os días 27 e 28, ocuparon os edificios públicos e presentaron un ultimátum ao Goberno.

Ata 1924, Mussolini mantivo a legalidade democrática mentres ía transformando gradualmente o Estado democrático nunha ditadura. Convocou eleccións nas que obtivo a maioría dos sufraxios; a partir de aquí impón un réxime totalitarios fascista.

A obra do fascismo

Caracterizouse por unha forte intervención do Estado, polo proteccionismo e pola tendencia á autarquía. En 1929 sinou o Tratado de Letrán coa Santa Sé; este acordo poñía fin ao litixio entre Italia e o Vaticano iniciado en 1870 coa ocupación dos Estados Pontificios.

Mussolini pretendeu aumentar a grandeza de Italia ampliando o seu terreo colonial, cunha colaboración cada vez máis estreita con Hitler. En 1939 fórmase o Eixe Roma-Berlín, logo o Pacto de Aceiro. Tras as derrotas en 1943 é detido, pero é liberado polos alemáns. Coa retirada dos alemáns de Italia, Mussolini intenta fuxir, pero é detido e executado en marzo de 1945.

O nazismo

Alemaña da República de Weimar

O 9 de novembro de 1918 abdica Guillerme II e é proclamada a República, chamada de Weimar porque nesta cidade se redactou a nova Constitución. Foi un intento de establecer un réxime democrático; por un lado, os comunistas promovían unha revolución tipo bolxevique e, por outro lado, a dereita acusaba aos gobernantes demócratas de traidores por aceptar o Tratado de Versalles.

O Plan Dawes de 1924 reduciu as cantidades que Alemaña tiña que pagar; o Pacto de Locarno de 1925 significou a aceptación por Alemaña das fronteiras con Bélxica e con Francia. Un paso máis na distensión deuse en 1928 coa sinatura do Pacto de Briand-Kellogg, asinado por 63 países, incluídos Alemaña e a URSS, que renunciaban ao recurso da guerra para resolver as súas diferenzas. A sinatura do Plan Young en 1929 regulamenta as reparacións alongando os pagos moitos anos.

Hitler e o nazismo

O Partido Nazi foi fundado en 1920. Hitler, en 1921, converteuse no seu principal dirixente. En 1923 os nazis intentaron un golpe de forza contra o goberno que terminou en fracaso; Hitler foi condenado a 5 anos de cárcere dos que cumpriu 9 meses, e nos que escribiu Mein Kampf, que resume as súas ideas políticas.

As repercusións do “crac” de 1929 e a Gran Depresión van provocar moitas adhesións ao nazismo. En 1932 había 6 millóns de parados; a miseria e o malestar rexurdiron e, por este motivo, van apoiar ao Partido Nazi.

O ascenso de Hitler ao poder

O 30 de xaneiro de 1933 foi nomeado chanceler polo presidente da república. Durante a campaña electoral, chea de agresións nazis contra a oposición de esquerda, o edificio do Parlamento foi incendiado; este feito foi a escusa para perseguir á oposición.

As eleccións de marzo déronlles o triunfo aos nazis e o novo Parlamento concedeu a Hitler plenos poderes, transformándose nun ditador. O primeiro paso foi prohibir os partidos políticos agás o nazi; para consolidar o poder absoluto, depura ao propio partido eliminando aos dirixentes nazis que defendían a mellora das condicións de vida dos obreiros.

Hitler no poder: a ditadura nazi

En agosto de 1934 Hitler acumula as funcións de xefe de Estado e xefe de goberno. A partir de entón concentrou un poder absoluto; nacía así un novo Estado alemán chamado III Reich. A poboación alemá foi sometida a un ríxido control policíaco; a Gestapo e as SS actuaban con enterta impunidade instaurando un temible Estado policial. Os mandos militares prestaban xuramento ao Führer.

A finais de 1938, o asasinato en París dun diplomático alemán por un xudeu foi o pretexto para acometer unha gran persecución coñecida como “a noite dos cristais rotos”. Durante a Segunda Guerra Mundial miles de xudeus foron enviados a campos de concentración e miles foron vítimas do Holocausto. A súa política baseouse na autarquía, no proteccionismo, nos fortes investimentos do Estado en obras públicas e no rearme.

Causas profundas da Segunda Guerra Mundial

  • O revanchismo nacionalista alemán: Os nacionalistas alemáns non aceptaron nunca o Tratado de Versalles; creían que era inxusto e humillante, e que puxo fin á Primeira Guerra Mundial.
  • A crise económica: O crac de 1929 provocou desconfianza nos principios económicos e políticos do liberalismo, e conduciu a unha exacerbación do nacionalismo económico. Os problemas económicos facían temer o comunismo, e desta maneira comezaron a xurdir os réximes fascistas.
  • O desprestixio da Sociedade de Nacións: Fronte á violación dos principios, carecían de medios para facer eficaces as sancións aos Estados agresores. A ausencia dos Estados Unidos e da URSS, e a retirada de Xapón e Alemaña, favoreceron que as relacións internacionais se foran deteriorando ao longo dos anos trinta.
  • O expansionismo militar dos países fascistas-autoritarios: Alemaña, Italia e Xapón armáronse de maneira espectacular.
  • A debilidade das potencias democráticas: Mantivéronse á marxe dos problemas do mundo ou preocupadas polos problemas internos. Creada a política de acougamento ou de pacificación, Hitler consideraba que tiña vía libre para expandirse.

Causas inmediatas

  • A invasión de China por Xapón: Iniciouse coa ocupación de Manchuria en 1931. Xapón comezou a construír o seu dominio sobre Asia oriental. Condenado pola Sociedade de Nacións, abandonouna en 1933 e continuou a expansión no 37 polo Pacífico.
  • Hitler incumpre as cláusulas de Versalles: A partir do 33 abandona a Sociedade de Nacións, mostrando o seu rexeitamento á orde internacional vixente. No 35 restablece o servizo militar, reincorpora o Sarre e procede á creación dunha forza aérea. No 36 remilitariza a Renania.
  • A política exterior agresiva de Italia: Existía unha grande insatisfacción polo incumprimento das realizacións sobre a súa ampliación territorial. Por iso lanzouse a unha política exterior moi agresiva (conquista Abisinia no 36). A Sociedade de Nacións condena a súa intervención con sancións económicas e abandona a SDN. No 39 conquista Albania.
  • Os países fascistas crean alianzas: Alianza entre Hitler e Mussolini (o Mediterráneo e os Balcáns para Italia; Austria e Europa oriental para Alemaña). A colaboración entre ambas potencias será cada vez máis estreita: intervención na Guerra Civil española apoiando a Franco no 36. Alemaña e Italia firman o Eixe Berlín-Roma. Nese mesmo ano, Alemaña firma con Xapón o Pacto Anti-Komintern contra a URSS (indicando o seu carácter anticomunista; o Komintern era o nome da Terceira Internacional comunista).
  • O panxermanismo e o espazo vital: O Partido Nazi defende o panxermanismo, que é a unión de todos os pobos de orixe xermánica nun só país, e a teoría do espazo vital, que era a necesidade de dispoñer dun territorio amplo para a poboación alemá. No mes de outubro esixe incorporar a rexión checa dos Sudetes. Celébrase a Conferencia de Múnic e acordan a incorporación dos Sudetes ao Reich a cambio de garantías de non agresión.
  • A crise de Danzig: Francia e Reino Unido entenden que só a forza pode frear as constantes violacións territoriais de Hitler. Alemaña esixe a anexión de Danzig e do corredor polaco.
  • O Pacto de Aceiro e o pacto xermano-soviético: En maio Alemaña asina con Italia o Pacto de Aceiro, unha alianza defensiva e ofensiva. En agosto sinase o pacto de non agresión xermano-soviético no que se repartían Polonia.
  • O inicio da guerra: O 1 de setembro Alemaña invade Polonia. O día 3, Francia e Reino Unido declaran a guerra a Alemaña, e comeza a Segunda Guerra Mundial.

Bandas da guerra

As Potencias do Eixe: Alemaña, Italia, Xapón e pequenos países europeos (Hungría, Romanía, Bulgaria).

Os Aliados: Francia e Reino Unido, aos que se uniu a URSS no 41, e ao final dese ano os Estados Unidos.

Fases da guerra

As vitorias do Eixe (1939-1941)

A invasión de Polonia por Alemaña foi secundada poucos días despois pola URSS e o país foi repartido entre os invasores. O exército alemán emprega o concepto de guerra relóstrego (blitzkrieg), que era un sistema de combate de movementos rápidos coa combinación de avió e carro de combate, atacando a liña inimiga para rompela.

Na primavera de 1940 conquista Dinamarca e Noruega para asegurar a saída da súa flota ao Atlántico e o acceso ás minas de ferro suecas. Despois ataca Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo para sorprender a Francia, evitando a defensa fortificada na Liña Maginot. Francia foi vencida en menos dun mes e o país queda dividido na zona norte —que incluía París— baixo o control alemán, e a zona sur con capital en Vichy cun goberno do mariscal Pétain.

No verán, Mussolini entra na guerra. Como Reino Unido se interpoñía na súa vitoria, preparan un ataque aéreo chamado a Batalla de Inglaterra; bombardean obxectivos militares, económicos e civis do Reino Unido, pero estes resisten. Hitler desprazase cara aos Balcáns (Hungría, Romanía, Bulgaria, Iugoslavia, Grecia) e o norte de África. No Extremo Oriente Xapón avanza en China, ocupa as colonias francesas e ataca as posesións inglesas.

A entrada da URSS e de EEUU. O cambio de signo da guerra (1941-1942)

Hitler invade a Unión Soviética en xuño, decidido a eliminar o réxime bolxevique. Nunha guerra relóstrego avanzan cara ao norte co fin de alcanzar Leningrado; polo sur ocuparon Ucraína e polo centro chegaron ás portas de Moscova.

No Pacífico, Xapón estaba protagonizando unha política de expansión imperialista. O 7 de decembro de 1941 a aviación xaponesa atacou Pearl Harbor, quedando unha parte da frota americana destruída. Este feito provoca a entrada dos Estados Unidos na guerra. Desde entón, os tres dirixentes aliados acordaron ir en contra do inimigo común.

Os xaponeses apoderáronse de todo o sueste asiático coa intención de chegar a Australia, pero a mediados do 42 os norteamericanos tomaron a iniciativa e formouse a Batalla de Midway no Pacífico, iniciando unha metódica campaña. Os xaponeses recorren a kamikazes (pilotos suicidas). A finais do 42, a Batalla de El-Alamein supuxo a derrota de Alemaña preto da fronteira exipcia e a súa retirada a Tunisia; a Batalla de Stalingrado significou a derrota alemá no intento de apoderarse da rexión do Cáucaso.

A derrota do Eixe (1943-1945)

En maio de 1943 alemáns e italianos rendense en Tunisia, quedando todo o norte de África en mans dos aliados, que desde aquí invaden o sur de Italia. Cae o réxime fascista e Mussolini é detido. Os alemáns rescátano e trasládano ao norte, onde crea un goberno fascista: a República de Saló.

Os angloamericanos planean o Desembarco de Normandía o 6 de xuño do 44. En agosto París foi liberado e despois avanzan cara ao Rin. No 1945 os británicos e estadounidenses atacaban polo oeste desde a beira esquerda do Rin, e os soviéticos achegáronse á capital xermana polo leste.

Adquiriu relevo a resistencia antifascista nos territorios ocupados. No 42 as cidades e industrias xermanas eran bombardeadas sistematicamente. A terrible Batalla de Berlín (15 de abril - 5 de maio), librada por alemáns e soviéticos, acabou coa resistencia nazi. Hitler suicidouse no seu búnquer e a guerra remata en Europa.

O goberno de EEUU solta bombas atómicas o 6 de agosto en Hiroshima e o 9 en Nagasaki. O 2 de setembro Xapón capitulou e asinou a rendición ante as autoridades militares norteamericanas. A guerra acabara.

Os horrores da Segunda Guerra Mundial

  • Novas armas e estratexias de combate: En terra destacaron os vehículos acoirazados; no aire, os avances en aviación. No mar, os portaavións convértense na peza clave dos combates navais e dos desembarcos. Inventáronse o radar, o sonar e o walkie-talkie. Tamén se melloraron as bombas, tanto explosivas como incendiarias; a máis determinante foi a bomba atómica. A guerra impulsou novidades tecnolóxicas como a produción de penicilina, a invención do nailon para os parachoques/paracaídas e a enerxía nuclear.
  • A resistencia: Nos países ocupados existían grupos antinazis. Sobre todo en Europa occidental, foron os comunistas os que protagonizaban estes grupos, que servían de espionaxe para os aliados. A Segunda Guerra Mundial foi unha guerra ideolóxica presentada polos nazis contra os comunistas, e tamén unha guerra interior onde se enfrontaban os colaboracionistas e as tropas de ocupación contra os que rexeitaban a ocupación (a resistencia).
  • Os campos de concentración: En Alemaña e Xapón creáronse campos de concentración onde encerraban a poboación civil. No caso de Alemaña, uns estaban destinados ao traballo forzado en fábricas ou canteiras, e outros foron creados para o exterminio, mediante cámaras de gas e fornos crematorios co fin de preservar a raza aria. Os campos estaban ocupados por xudeus maioritariamente (o Holocausto), xitanos, homosexuais e opositores políticos.

As consecuencias da guerra

  • O impacto demográfico: Máis de 55 millóns de persoas morreron, 35 millóns resultaron feridas e houbo 3 millóns de desaparecidos. Máis de 20 millóns de persoas sufriron desprazamentos forzosos e vironse expulsadas dos países polo cambio de fronteiras.
  • O impacto moral: A humanidade enfrontouse á crise moral provocada polo coñecemento dos xenocidios nazis e doutras masacres.
  • O inicio do horror nuclear: O lanzamento das bombas atómicas foi unha apocalipse mundial.
  • Consecuencias económicas: Enormes perdas materiais. Infraestruturas, campos de cultivos e cidades foron destruídos. As economías dos países belixerantes quedaron desarticuladas pola guerra.
  • As conferencias de paz: Organizáronse conferencias entre os aliados para garantir a paz:
    • Conferencia de Teherán (Irán, 1943): Pactouse a operación de invadir Francia para abrir unha fronte occidental que dispersase os esforzos alemáns.
    • Conferencia de Yalta (URSS, febreiro de 1945): Acordaron o futuro de Alemaña (desnazificación e participación na organización de eleccións democráticas nos países liberados) e a creación dun organismo internacional para garantir a paz.
    • Conferencia de Potsdam (Alemaña, xullo de 1945): Puxéronse de manifesto as diferenzas entre os aliados occidentais e os soviéticos sobre as zonas de Europa.
    • Conferencia de París (1946): Elaboráronse diversos tratados de paz.
  • Cambios territoriais: Xapón perdeu as colonias e foi ocupado por EEUU por un tempo. Alemaña quedou dividida en catro zonas administradas por EEUU, URSS, Reino Unido e Francia; Berlín tamén foi dividida, do mesmo xeito que Austria e Viena. A URSS aumenta a súa fronteira cara a occidente, ocupando coas súas forzas militares a meirande parte de Europa central e balcánica. Remodeláronse as fronteiras na Europa central e do leste.
  • Consecuencias políticas: O primeiro obxectivo político foi a desnazificación de Europa; organizouse un tribunal internacional para xulgar crimes contra a humanidade (os xuízos de Núremberg), e os responsables foron xulgados e condenados. Os países ocupados pola URSS entraron na órbita soviética, coa imposición de réximes comunistas. En Europa occidental produciuse un avance da democracia.

O nacemento da ONU

A Organización das Nacións Unidas (ONU) foi creada coa finalidade de preservar a paz, lograr a cooperación dos países para resolver problemas internacionais, recoñecer a igualdade de dereitos e fomentar as relacións de amizade entre distintas nacións do mundo (sede en Nova York).

  • A Asemblea Xeral: Órgano deliberativo con autoridade moral, está formada polos representantes de todos os países membros e reúnense unha vez ao ano.
  • A Secretaría Xeral: Leva a cabo a coordinación e representación de toda a ONU. Á súa fronte está o secretario xeral, escollido pola Asemblea por un período de 5 anos.
  • O Consello de Seguridade: Órgano decisorio que recolle as recomendacións da Asemblea. Está formado por representantes de 15 países, dos cales 5 teñen dereito a veto; o resto é elixido pola Asemblea Xeral por 2 anos. Ocúpase dos problemas que afectan a paz entre nacións.
  • O Tribunal de Xustiza: Con sede na Haia, resolve os conflitos xurídicos internacionais.
  • Institucións especializadas: Organismos adicados á saúde, infancia, educación, cultura, fomento do desenvolvemento mundial e axuda aos refuxiados.

Download

PDF Word HTML