Crecemento Demográfico, Emigración e Sociedade en Galicia no Século XIX

Employment training and career guidance3.81 KB

Crecemento Demográfico e Emigración

No século XIX a poboación española aumentou, pero a un ritmo menor. Pasou de 11,5 millóns a 18,6 millóns de habitantes.

O crecemento foi debido á alta natalidade e ao escaso descenso da mortalidade. Os cambios na agricultura produciron un excedente de man de obra: moitos campesiños abandonaron o campo e marcharon ás cidades, onde estaban as industrias. Ademais, moitos españois emigraron a América, sobre todo a Arxentina e Cuba.

Unha Sociedade de Clases

A sociedade estamental do Antigo Réxime desapareceu co liberalismo e converteuse nunha sociedade de clases:

  • Clases altas: formadas pola aristocracia e a alta burguesía. Controlaban o poder político e os principais negocios.
  • Clases medias: formadas por funcionarios, pequenos empresarios, comerciantes, etc.
  • Clases populares: formadas por campesiños, obreiros, etc. Tiñan un nivel económico baixo.

Orixes do Movemento Obreiro

A pesar da dureza das condicións laborais dos obreiros, ata o último terzo do século XIX a súa loita plasmouse en movementos de protesta e de ámbito local ou rexional. Ata 1868 o movemento obreiro tivo pouca repercusión debido á escasa industrialización.

As primeiras manifestacións foron accións luditas, de destrución de máquinas ou fábricas. Cara a 1840 xurdiron as primeiras asociacións obreiras, que reivindicaban o dereito de asociación, o cal non se recoñeceu ata o Sexenio Revolucionario.

Galicia no Século XIX

As loitas entre liberais e conservadores ocuparon boa parte do século XIX. A fidalguía e o clero deron lugar a unha nova burguesía. O poder era exercido polos caciques, e tamén comezou a emigración masiva.

A Política

A invasión napoleónica provocou un novo proceso político en Galicia que obrigou a constituír, ante o baleiro de poder, a Xunta Suprema, na que participaron os liberais.

Guerra Carlista

Nas seguintes décadas houbo unha guerra entre:

  • Fidalgos e clero carlista (defendían o Antigo Réxime)
  • Burguesía (defendía o liberalismo)

Galicia viviu unha transición política do Antigo Réxime ao novo sistema liberal. O clero, coa desamortización, deixou de gozar dalgúns privilexios.

Despois houbo un pacto entre a fidalguía e a burguesía que impediu que a renovación desse paso a unha reforma económica. A política e a sociedade estiveron marcadas polo caciquismo, e os caciques eran membros das familias fidalgas.

Un dos cambios da época liberal que se mantivo foi a división provincial: Galicia deixaba de ter 7 provincias e considerábase un territorio máis do Reino de España, dividido en 4 provincias.

Sociedade e Economía

O campo seguía sendo o centro económico e social. O sistema agrario baseábase en pequenas explotacións familiares e nas terras de uso común.

As diferenzas sociais na actividade agraria marcábanse polo pago e o cobro das rendas: os fidalgos cobraban e os campesiños pagaban.

O principal cambio na sociedade do XIX foi o crecemento das cidades, onde se consolidou unha burguesía comercial.

A industria galega moderna naceu a finais do século XIX arredor das fábricas conserveiras. Xunto á industria conserveira destacaron a industria cerámica en Sargadelos e a industria siderúrxica en Ferrol.

Co desenvolvemento da industria apareceu unha nova clase obreira. O ferrocarril chegou de xeito tardío e limitado a Galicia, o que impediu un maior desenvolvemento da industria.

Download

PDF Word HTML