Conceptos Clave de Historia: Morgado, Regalismo e Ilustración

Greek3.2 KB

Morgado

Institución destinada a perpetuar o poder territorial dos señores, pola que só herdaba as propiedades o primoxénito, que as tiña que transmitir de forma íntegra ao seu herdeiro. Deste modo vinculábase o título nobiliario coa propiedade territorial.

Regalismo

Doutrina política exurídica que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a Igrexa do territorio sobre o que reinaban; busca crear unha Igrexa sometida ao rei, poder influír no nomeamento ou elixir os titulares dos altos cargos eclesiásticos, así como autorizar a publicación e divulgación dos escritos papais no propio reino.

Ilustración

Movemento cultural e ideolóxico, característico da Europa do século XVIII, que defendía, tanto a capacidade da razón humana para descubrir a verdade e as leis da natureza, como a necesidade de propoñer e realizar reformas co obxectivo de incrementar o benestar material do país, mellorar a sociedade e alcanzar a felicidade persoal. As novas ideas, aceptadas e desenvolvidas por unha minoría de persoas (oficiais da Administración, clérigos, nobres, comerciantes) tiveron unha enorme influencia política.

Manos Muertas

Perpetuidade por cesión que os fieis facían dos seus bens nos seus testamentos a cambio de beneficios para a súa alma. Non podían ser vendidos nin alleados.

Remensa

Nome que recibían os campesiños cataláns que estaban suxeitos ao pago de numerosos impostos e servizos e non podían abandonar a terra en que vivían sen pagar previamente aos señores a súa redención (remensa).

Foro

Tipo de contrato, esencialmente agrario, de longa duración, polo que unha persoa ou institución propietaria cede a outra o uso e goce dun ben, xeralmente unha terra, a cambio dunha serie de obrigas: coidala, pagar a renda establecida (fixa ou proporcional pero case sempre en especie), comunicar os cambios...

Desta forma establécese unha relación mutua entre o que concede o foro (dominio directo) e o concesionario (dominio útil); este último ten garantida a súa estabilidade no cultivo da terra, ao tempo que adquire certos dereitos sobre o ben aforado. A complexidade dos foros é enorme porque os bens aforados podían, á súa vez, ser subaforados.

Sufraxio Censatario e Universal

O sufraxio é o dereito político que permite elixir, mediante o voto, aos cargos públicos electos. O censatario limita este dereito aos cidadáns incluídos no censo en función dun determinado nivel económico e social, mentres que o universal soamente establece a condición para votar da maioría de idade.

En España, o censatario foi defendido polos liberais e o universal polos demócratas. A Constitución republicana de 1931 estableceu o dereito de voto das mulleres.

Ludismo

Movemento de protesta dos traballadores, nos inicios da revolución industrial, caracterizado pola destrución de máquinas e fábricas ás que culpaban de deixalos sen traballo. Recibe este nome por Ned Ludd, un obreiro británico a quen se lle atribúe a primeira destrución de teares mecánicos en 1779. En España unha das primeiras accións ludistas foi a queima da fábrica Bonaplata en Barcelona en 1835.

Download

PDF Word HTML