Cantigas Medievais Galegas: Burla, Santa María e Prosa
1. Cantigas de burla
1.1. As cantigas de escarnio e maldicer
O terceiro xénero maior das cantigas medievais está constituído por aquelas que foron escritas cunha finalidade satírica e burlesca. As cantigas de burla adoptan, en xeral, unha tonalidade chocarreira e buscan o ataque persoal e a ridiculización da outra persoa. Os poetas medievais distinguían dous tipos de cantigas de burla:
- As cantigas de escarnio: utilizaban palabras con dobre sentido e satirizaban de forma indirecta.
- As cantigas de maldicer: eran un tipo de sátira directa e clara.
A distinción destes dous tipos de cantigas de burla é un pouco complicada, polo que as globalizamos e dicimos simplemente cantigas de burla.
1.2. Tipos de cantigas de burla
- Sátira política:
- Críticas aos cabaleiros que entregaron os seus castelos a Afonso III.
- Críticas de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a súa axuda na guerra de Granada.
- Sátira literaria:
- Enfrontamentos entre xograres e trobadores.
- As parodias do amor cortés (ridiculizan a linguaxe empregada nas cantigas de amor).
- O "ciclo das amas tecedeiras" (ridiculizan ás criadas).
- Sátira social, de tipos e costumes:
- Críticas aos infanzóns e aos cabaleiros pobres.
- Críticas aos clérigos, frades e monxas.
- Sátira obscena: falan do acto sexual creando risa.
1.3. A lingua e a forma das cantigas de burla
Caracterízanse pola súa linguaxe directa, adecuada aos temas que desenvolven. Utilizan un léxico concreto cun rexistro vulgar. Carecen dunha métrica e dunha estrutura formal fixas; polo xeral son moi parecidas ás cantigas de amor, pero tamén teñen trazos das cantigas de amigo tradicionais.
A estrutura consta dunha primeira estrofa que presenta o motivo central, onde se satiriza ao personaxe principal, e no resto se segue satirizando ao personaxe mediante recursos paralelísticos. O recurso máis usado é o equívoco, que consegue o xograr co dobre sentido das palabras.
2. Os xéneros menores
- A pastorela: foi un xénero moi cultivado en Francia e na Provenza. Trata dun encontro entre un cabaleiro e unha pastora e representa a posibilidade de amor entre un nobre e unha vilá.
- O lai: son cinco textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa.
- O pranto: composición na que o trobador expresa a dor pola morte dunha persoa e loa as súas calidades.
- A tenzón: texto dialogado a dúas voces, que corresponden a dous autores distintos que interveñen de forma alterna.
- O desacordo: caracterízase pola falta dun esquema métrico e é unha variedade da cantiga de amor.
- O sirventés moral: expresa o rexeitamento radical pola marcha do mundo e lamenta a dexeneración e a corrupción dos costumes en que cae a sociedade da época.
3. Cantigas de Santa María
3.1. Características da obra
É unha representación medieval de vertente relixiosa. Trátase dun conxunto de 427 composicións que se agrupan en tres bloques:
- Cantigas narrativas: narran presuntos milagres feitos pola Virxe.
- Cantigas de loor: loan as calidades da Virxe.
- Unha serie heteroxénea de cantigas: son dous prólogos en verso e un final que rompen co esquema da obra.
3.2. Estrutura
As cantigas narrativas seguen este esquema:
- Epígrafe ou razón, que resume a cantiga.
- Refrán, que transmite unha lección moral e relixiosa.
- Cobras ou estrofas.
E o seu contido inclúe:
- Un resumo do que narra a cantiga, expresado na epígrafe ou razón.
- Unha breve presentación do protagonista.
- Unha formulación do problema que incumbe ao protagonista.
- Unha intervención da milagreira Virxe que resolve o problema.
- Unha lección moralizante final.
As cantigas non narrativas destacan as chamadas "de loor", que expresan devoción á Virxe e están cheas de tópicos sobre as súas virtudes.
3.3. Métrica
O tipo de estrofa máis empregado está composto por un estribillo inicial (AA), tres versos monorrimos (bbb) e un verso final ou de volta en rima co refrán (a). Sobre este modelo pode variar algunha rima. O verso máis utilizado é o de 14 sílabas, dividido por unha cesura en dous hemistiquios de sete sílabas cada un.
3.4. Fontes
O equipo dirixido polo rei Afonso X valeuse de fontes moi diversas: unhas orais e outras escritas, unhas populares e outras cultas, e unhas peninsulares e outras europeas.
3.5. Motivacións
- Motivación relixiosa: a devoción sincera do rei cara á figura da Virxe.
- Motivacións de índole política: aumentar a riqueza e o poder de Santiago de Compostela.
4. A prosa medieval
Os primeiros textos en prosa escritos en galego-portugués datan do século XIII e foron versións de textos bíblicos. A prosa literaria aparece máis tarde e vincúlase ás Cortes reais e nobiliarias. A imposición do castelán a partir do século XV puxo fin ao emprego do galego.
No conxunto dos escritos prosísticos galaico-portugueses medievais faise a seguinte distinción:
4.1. Prosa propiamente literaria
- Ciclo bretón ou artúrico: "A demanda do Santo Grial", "O libro de Tristán", "O libro de Merlín".
- Ciclo clásico ou troiano: "Crónica troiana" e "Historia troiana".
- Ciclo carolingio: "Milagres de Santiago".
4.2. A prosa historiográfica
- "Os libros de linaxes": catro catálogos escritos en Portugal.
- Traducións galegas: "General Estoria" e "Crónica Xeral".
- Outros textos: "Crónica Xeral Galega de 1344".
4.3. Prosa hagiográfica
- "Os milagres de Santiago".
- "A crónica de Santa María de Iria".
4.4. Prosa tabeliónica
- Ordenamentos xurídicos (Sete partidas de Afonso X).
- Regulamentos de confrarías e gremios (Libro dos cambeadores de Santiago).
- Diversos tipos de escritos notariais (doazóns, testamentos, etc.).
- Manuais ou tratados para aprender o oficio (Tratado de albeitaría).
- Libros de contas (Libro das posisóns do Hospital dos Pobres da vila de Muros).