A Caída da Restauración e a Crise de 1917 en España

Employment training and career guidance4.3 KB

A quebra do sistema da Restauración (1917-1923)

O fracaso das reformas de Maura e Canalejas provocou o deterioro do funcionamento do sistema da Restauración con crises políticas e sociais, e a monarquía constitucional desprestixiouse, o que facilitou o golpe de Estado de 1923.

A impacto da Primeira Guerra Mundial e a crise socioeconómica

Na Primeira Guerra Mundial, España declarouse neutral, exportou todo tipo de produtos a países en guerra e produciuse un aumento dos prezos dos artigos de primeira necesidade. Os salarios non aumentaron e as clases medias e populares tiveron peores condicións de vida. Ao rematar a guerra, España xa non exportaba e sufriu unha crise económica en 1917 que ocasionou conflitos militares, políticos e sociais.

A Tripla Crise de 1917

A crise militar

A crise militar ocasionouse polo recrutamento de militares e polas súas demandas ante a sociedade civil (pedían máis salario e máis medios para o Exército, e o Goberno aceptou de novo as súas peticións). De novo, o poder militar impouse ao civil.

A crise política

Por outro lado, Cambó, líder catalanista, fixo presión sobre o goberno para conseguir democracia e autonomía para Cataluña. Solicitou a convocatoria dunhas Cortes Constituíntes para discutir a organización do Estado e a autonomía rexional e municipal, pero o Goberno non aceptou e os catalanistas convocaron a todos os parlamentarios españois a unha asemblea para tratar estes temas. Dita asemblea considerouse ilegal e fracasou pola falta de apoios e as divisións internas.

A crise social

As consecuencias da masiva exportación de produtos españois entre 1914 e 1918 ocasionaron un aumento do malestar social. Entón, a UXT e o PSOE convocaron unha folga xeral co obxectivo de derrocar o réxime e convocar Cortes Constituíntes (DOC 2: "Pedimos a constitución dun Goberno Provisional (...), a celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes Constituíntes").

Esta convocatoria contou coa colaboración dos republicanos e da CNT. O Goberno reaccionou cunha forte represión (lei marcial, emprego de armas de fogo...) e a folga rematou.

Inestabilidade política e o problema de Marrocos

A partir da crise de 1917, a inestabilidade política e social foi en aumento. Os gobernos debelitáronse e a clase política desprestixiouse. O partido conservador e o liberal estaban divididos, e as tensións entre os líderes impedían gobernos duradeiros (DOC 4). Así, a quenda deixou de funcionar e o rei formou gobernos de concentración que non resolveron os problemas. Ademais, o sistema non favoreceu a desamortización e apoiou aos militares. Os caciques e a oligarquía queren manter os seus privilexios e evitan calquera cambio revolucionario; a radicalización e a violencia aumentaron, tanto na represión do Goberno coma na resposta obreira, especialmente dos anarquistas.

Os republicanos criticaron o sistema e mantiveron a coalición cos socialistas, mentres que rexionalistas e nacionalistas aumentaron a súa actividade en Cataluña, País Vasco e Galicia.

O Desastre de Annual e o Expediente Picasso

En 1912, España e Francia delimitaron a zona norte de Marrocos, establecendo o protectorado. Na zona do Rif, as tropas españolas tiveron dificultades e, en 1921, os mandos españois realizaron unha manobra arriscada animados polo rei. Entón os rifeños, ao mando de Abd el-Krim, ocasionaron enormes perdas humanas en Annual (DOC 3). Esta viñeta é o exemplo de que a desgraza causou un forte impacto na opinión pública e aumentou a impopularidade do exército. Abriuse unha investigación chamada Expediente Picasso que facía responsable ao rei.

O golpe de Estado de Primo de Rivera

En 1923, ante a grave situación española, o capitán xeneral Miguel Primo de Rivera deu un golpe de Estado e impuxo unha ditadura militar en setembro de 1923 (DOC 5: "Chegou… (...) agora imos… doutrina").

Conclusión

En conclusión, a crise da Restauración nos primeiros anos do século XX, baixo o reinado de Afonso XIII, supuxo a descomposición do sistema e o agravamento dos problemas que viñan de atrás, o que provocou a división e o enfrontamento da sociedade española.

Download

PDF Word HTML